miniatura|300px|Agulla (Belone belone) Os Belónidos ou agullas (Belonidae) son unha familia de peixes teleósteos, pertencentes á orde Beloniformes. Son peixes tanto mariños como de auga doce, distribuídos en augas temperadas e tropicais.
Características Teñen un corpo alargado e estreito, con ámbalas mandíbulas, superior e inferior, prolongadas formando un longo pico dotado de dentes afiados, excepto no xénero Belonion
As aletas dorsal e anal sitúanse opostas e en posición posterior, a dorsal con 11-43 raios e a anal, algo máis curta, con 12-39 raios; as pelvianas, con 6 raios, en posición abdominal e as pectorais son moi curtas; en calquera caso, sen espiñas nas aletas. Aleta caudal fendida, co lobo inferior algo máis longo có superior. A liña lateral percorre todo o corpo ó longo da marxe ventral, desde a súa orixe na aleta pectoral. As escamas son cicloides, pequenas (130-150 na liña lateral) e despréndense con facilidade. miniatura|Agullas á venda. Algunhas especies de auga doce non alcanzan máis de 6–7 cm de lonxitude, mentres que as especies mariñas poden chegar a medir ata 2 m (FishBase).
Viven na superficie da auga, polo que a súa coloración é verde ou azul no lombo e branco prateado nos costados e ventre; é común unha banda percorrendo o lateral, de cor azul escura ou moura. A punta carnosa da mandíbula inferior frecuentemente é vermella ou laranxa.
Son peixes carnívoros que se alimentan de pequenos peces que capturan lateralmente cos seus longos picos. Tenden a dar saltosa sobre a superficie e coñécense casos de persoas feridas cando son alcanzados accidentalmente, sobre todo de noite ó sentirse atraídos polas luces dos barcos.
A pesca representa un notable interese comercial. A carne ten bo sabor, aínda que non sempre son apreciados por cousa da cor verde da espiña.
Clasificación Divídense en 10 xéneros con 34 especies: Xénero Ablennes (Jordan e Fordice, 1887) Xénero Belone (Cuvier, 1816) Xénero Belonion (Collette, 1966) Xénero Petalichthys (Regan, 1904) Xénero Platybelone (Fowler, 1919) Xénero Potamorrhaphis (Günther, 1866) Xénero Pseudotylosurus (Fernández-Yépez, 1948) Xénero Strongylura (van Hasselt, 1824) Xénero Tylosurus (Cocco, 1833) Xénero Xenentodon (Regan, 1911)
Véxase tamén
Ligazóns externas Taxonomía ITIS Taxonomía FishBase
Categoría:Beloniformes