COMETS (acrónimo de Communications and Broadcasting Engineering Test Satellite), coñecido tamén co nome de Kakehashi (significando ponte) é un satélite de comunicacións experimental xaponés lanzado o 21 de febreiro de 1998 mediante un foguete H-2 desde o centro Espacial de Tanegashima.
Características O obxectivo de COMETS foi probar novas tecnoloxías en comunicacións relacionadas coas comunicacións interorbitais, emisións avanzadas, servizos móbiles desde órbita e mellora de grandes satélites xeoestacionarios. Durante o lanzamento, o fallo da segunda etapa do foguete H-2 deixou ao satélite nunha órbita máis baixa do previsto, impedíndolle alcanzar a órbita xeoestacionaria. Tras varias manobras orbitais o satélite foi posto nunha órbita recorrente desde onde se puideron levar a cabo algúns dos experimentos.
As operacións co satélite finalizaron o 6 de agosto de 1999.
Notas
Categoría:Satélites artificiais