The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe é un filme estadounidense dirixido por Andrew Adamson que se estreou no 2005. Baséase no libro The Lion, the Witch and the Wardrobe de C. S. Lewis.
Sinopse A historia narra as aventuras de catro irmáns: Lucy, Edmund, Susan e Peter que, durante a segunda guerra mundial, descobren o mundo de Narnia, ó que acceden a través dun armario máxico mentres xogan ás agachadas na casa de campo dun vello profesor. En Narnia descubrirán un mundo incrible habitado por animais que falan, trasgos, faunos, centauros e xigantes ós que a Meiga Branca - Jadis - condenou ó inverno eterno. Coa axuda do león Aslan, o nobre soberano, os nenos loitarán para vencer o poder que a Meiga Branca exerce sobre Narnia nunha espectacular batalla e conseguir así ceibar á terra da maldición do frío.
Personaxes William Moseley como Peter Pevensie Anna Popplewell como Susan Pevensie Skandar Keynes como Edmund Pevensie Georgie Henley como Lucy Pevensie Tilda Swinton como Jadis, a Meiga Branca Liam Neeson como a voz de Aslan James McAvoy como Mr. Tumnus Ray Winstone como a voz de Mr. Beaver Dawn French como a voz de Mrs. Beaver Kiran Shah como Ginarrbrik Jim Broadbent como Digory Kirke Elizabeth Hawthorne como Mrs. Macready James Cosmo como Papá Noel Michael Madsen como a voz de Maugrim Patrick Kake como Oreius Shane Rangi como Xeneral Otmin Morris Cupton como Garda Judy McIntosh como Helen Pevensie Rupert Everett como a voz do raposo Cameron Rhodes como a voz do Grifón Noah Huntley como o adulto Peter Pevensie Sophie Winkleman como a adulta Susan Pevensie Mark Wells como o adulto Edmund Pevensie Rachael Henley como a adulta Lucy Pevensie Produtor Philip Steuer como a voz de Phillip, o cabalo de Edmund
Galardóns e nomeamentos 2005: Oscar: Mellor maquillaxe. 3 nomeamentos. 2005: 2 nomeamentos ó Globo de Ouro: Mellor banda sonora orixinal e canción orixinal. 2005: Premios BAFTA: Mellor maquillaxe. 3 nomeamentos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de The Chronicles of Narnia Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes rodados na República Checa Categoría:Filmes rodados en Nova Zelandia Categoría:Filmes ambientados en 1940 Categoría:Filmes sobre leóns Categoría:Filmes sobre feiticería Categoría:Filmes sobre a segunda guerra mundial Categoría:Filmes sobre cristianismo Categoría:Filmes sobre irmáns