Derrick N. Ashong, tamén coñecido como "DNA", nado en 1975 na cidade de Accra, é un músico, actor, artista e activista ghanés.
Comezos Fillo dun pediatra, Ashong acudiu a escolas de Arabia Saudita, Qatar e Nova Jersey antes de ingresar na Universidade de Harvard en 1997, onde estudou Estudos Afroamericanos. Posteriormente, volveu a Harvard e fixo un doutoramento en etnomusicoloxía e estudos afroamericanos. Tamén foi membro fundador da Harvard Black Alumni Society.
Traxectoria A carreira musical de Ashong comezou mentres estaba en Harvard. Produciu un musical titulado Songs We Can't Sing, polo que acadou varios premios e despois formou unha banda de música chamada "Black Rose". A banda despois pasou a ser coñecida como "Soulfège". Ashong ten traballado con artistas recoñecidos como Debbie Allen, Janet Jackson e Bobby McFerrin.
En 1997 Ashong participou no filme Amistad producido por Steven Spielberg, no que interpretou o papel de Buakei.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Páxina oficial
Categoría:Actores de Ghana Categoría:Cantantes de Ghana Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Accra Categoría:Personalidades sen imaxes