miniatura|300px|Aulorhynchus flavidus Os Aulorrínquidos ou trompudos (Aulorhynchidae) son unha familia de peixes mariños costeiros, incluída na orde Gasterosteiformes. Distribúense polo norte do Pacífico, desde o Xapón ata México.

Características Teñen un corpo alargado e estreito, con escudos óseos laterais, con series de 24 a 26 pequenas espiñas dorsais curtas e illadas. Tras estas, unha aleta dorsal con 10 raios brandos, atrasada; oposta á anal; as aletas pelvianas cunha espiña dura e catro raios brandos; a caudal con 13 raios brandos.

Lonxitude máxima 17 cm en Aulorhynchus flavidus.

Clasificación Comprenden dous xéneros cunha única especie cada un: Xénero Aulichthys: Aulichthys japonicus (Brevoort en Gill, 1862) Xénero Aulorhynchus: Aulorhynchus flavidus (Gill, 1861)

Véxase tamén Ligazóns externas

Taxonomía FishBase

Categoría:Gasterosteiformes