Os brámidos ( Bramidae ) son unha familia de peixes mariños incluída na orde Perciformes. Están distribuídos polos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.
A súa pesca ten importancia comercial, como no caso da castañeta (Brama brama).
Características Son peixes de corpo oval, alto e comprimido, con escamas ben aparentes e liña lateral presente. Nalgunhas especies a aleta dorsal pode estenderse ó longo de todo o corpo, e presenta unha parte anterior elevada, triangular, e unha posterior baixa, alargada. Aletas dorsal e anal sen radios espiñosos; pectorais longas e falciformes; caudal fortemente bifurcada. Os talles máximos descritos son de 85 cm de lonxitude, no caso de Taractichthys longipinnis.miniatura|300px|Pteraclis carolinus|centro Clasificación Comprende oito xéneros e unhas 21 especies, segundo ITIS, e 6 xéneros e 18 especies segundo FishBase: Xénero Brama Xénero Collybus Xénero Eumegistus Xénero Pteraclis Xénero Pterycombus Xénero Taractes Xénero Taractichthys Xénero Xenobrama
Véxase tamén Ligazóns externas
Taxonomía FishBase Taxonomía ITIS
Categoría:Percoideos