No hinduísmo, as castas (en sánscrito "varna", literalmente 'cor', visto como unha cualidade) corresponden na India a unha maneira de estratificación social establecida, en forma tradicional e prescritiva, a cal clasifica ás persoas dentro da sociedade en catro grandes grupos.

En forma xeral, casta refírese a calquera forma de estratificación que pon énfase en factores herdados ou de nacemento do individuo para clasificalo socialmente.

As catro grandes castas son: Os brahmana (sacerdotes, mestres, académicos) son a casta máis alta, que —segundo eles acreditan— saíron da boca de Brahma. Os chatria ou xatria (clase política-militar), que saíron dos ombreiros de Brahma. Os vaixá (comerciantes, artesáns e agro-gandeiros), que se formaron das cadeiras de Brahma. Os sudra (servos e obreiros), que proveñen dos pés de Brahma.

Un grupo á parte das castas é o que conforman os dalits ou intocables, unha clase social tan baixa que se consideraba fóra dos varnas. Os hindús consideran que os dálits "son tan baixos coma o mar", e para sobrevivir traballan nos espazos laborais permitidos polo sistema de castas, como o de recoller excrementos humanos coas mans. Notas

Categoría:Hinduísmo Categoría:Grupos sociais