Siegfried (en galego, Sigfrido) é unha ópera en tres actos con música e libreto en alemán de Richard Wagner. É a terceira das catro óperas que compoñen o ciclo Der Ring des Nibelungen (O anel do Nibelungo). Foi estreada no Bayreuth Festspielhaus de Bayereuth o 16 de agosto de 1876 como parte da primeira representación da saga completa. Forma parte do Canon de Bayereuth. Siegfried segue a ser unha das óperas máis populares; nas estatísticas de Operabase aparece no posto nº 50 das cen óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo a 13.ª en Alemaña e a quinta de Wagner, por detrás de Der fliegende Holländer, Das Rheingold, Die Walküre e Tristan und Isolde.''

Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 16 de agosto de 1876(Director: Hans Richter)SiegfriedtenorGeorg UngerMimetenorKarl SchlosserO Viaxeirobaixo-barítonoFranz BetzAlberichbarítonoKarl HillFafnerbaixoFranz von ReichenbergWaldvogel (o paxaro do bosque)soprano(treble)A Wikipedia en alemán afirma que este papel é un Knabensopran "neno soprano".Marie HauptErdacontraltoLuise JaideBrünnhildesopranoAmalie Materna

Notas

Véxase tamén

Categoría:Óperas de Richard Wagner Categoría:Der Ring des Nibelungen Categoría:Canon de Bayreuth Categoría:Óperas en alemán Categoría:Óperas de 1876