Der Rosenkavalier (en galego, O cabaleiro da rosa) é unha ópera cómica en tres actos con música de Richard Strauss e libreto en alemán de Hugo von Hofmannsthal e o propio compositor. Tivo a súa estrea no Semperoper de Dresden o 26 de xaneiro de 1911 baixo a dirección de Ernest von Schuch e a dirección artística de Alfred Roller.
Logo de compoñer óperas como Salomé (1905) e Elektra (1909), onde asomaba a politonalidade, a atonalidade e o paroxismo expresionista, cun texto dramático influído polo vocabulario freudiano das paixóns humanas, Strauss comunicou a Von Hofmannsthal o seu desexo de compoñer unha ópera distinta, ao estilo da ópera mozartiana, lixeira, humorística e ambientada na sociedade do século XVIII (Le nozze di Figaro).
A diferenza das óperas anteriores, o libreto de Von Hofmannsthal é orixinal; é dicir, non está baseado en obras literarias existentes. No bosquexo inicial, os protagonistas ían ser o barón Ochs e Octavian. Porén, a medida que avanza a escritura da obra, a personaxe da Mariscala creceu e afirmouse a si mesma ata transformarse nun rol protagonista.
O título da ópera alude a un costume inexistente inventado por Von Hofmannsthal, que serve de escusa para o desenvolvemento argumental.
Personaxes Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 26 de xaneiro de 1911Director: Ernst von Schuch Octavian (Conde de Rofrano, rapaz de 17 anos) mezzosoprano Eva von der Osten A Mariscala (Princesa de Werdenberg, dona dun mariscal imperial) soprano Margarethe Siems Barón Ochs von Lerchenau (curmán da Mariscala) baixo Karl Perron Sophie von Faninal (Rapariga rica e casadeira) soprano Minnie Nast Faninal (Rico burgués, pai de Sophie) barítono Karl Scheidemantel Marianne Leitmetzerin (Doncela de Sophie) soprano Riza Eibenschütz Annina (Intrigante ao servizo do Barón) contralto Erna Freund Valzacchi (Compañeiro de Anninna) tenor Hans Rüdiger Cantante italiano tenor Fritz Soot Un notario baixo Ludwig Ermold Un pousadeiro tenor Josef Pauli Serventes, policías, camareiros etc.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Óperas de Richard Strauss Categoría:Óperas en alemán Categoría:Óperas de 1911