José Martinho Montero Santalha, nado en Cerdido o 5 de abril de 1947, é un teólogo e lingüista galego.
Traxectoria En 1957 ingresou no seminario diocesano de Mondoñedo, onde cursou os estudos de Humanidades e Filosofía. En 1965 iniciou os estudos de Teoloxía na Pontificia Universidade Gregoriana (PUG) de Roma, onde se licenciou en Teoloxía en 1969, e seguiu despois os cursos de doutoramento, sendo profesor agregado na mesma Universidade Gregoriana nos cursos 1972-73 e 1973-74. Licenciouse en Filosofía pola Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino de Roma. En 1971 foi ordenado sacerdote por Monseñor Miguel Anxo Arauxo, bispo da súa diocese de Mondoñedo-Ferrol, sendo a súa a primeira ordenación sacerdotal oficiada en lingua galega (os textos son adaptación e tradución do propio Montero).
Durante a súa etapa en Roma foi membro fundador do grupo «Os Irmandiños», constituído por galegos residentes na cidade e preocupados pola recuperación do galego como lingua vernácula no eido da Igrexa Católica. Foi un dos autores e asinantes do Manifesto para a supervivência da cultura galega, publicado en 1974 nas revistas Seara Nova (de Lisboa, dirixida por Rodrigues Lapa), e Cuadernos para el diálogo (de Madrid).
Regresou a Galiza en 1974, establecéndose en Ferrol. Foi profesor de Teoloxía no ITC (Instituto Teolóxico Compostelán), que ten a súa sede no Seminario Maior (San Martiño Pinario) de Santiago de Compostela. Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola UNED e no ano 2000 acadou o doutoramento pola Universidade da Coruña cunha tese sobre as rimas da poesía trobadoresca . Deu clases de lingua inglesa en Ferrol, e, desde 1994 ata a súa xubilación en 2017, de Didáctica da Lingua e Literatura Galega na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo, no campus de Pontevedra, onde era catedrático.
Investigación lingüístico-literaria Aínda que desenvolveu actividades de estudo e investigación lingüístico-literaria en diversos campos da cultura galega (especialmente no relativo á cultura relixiosa), a súa especialidade, na que se engloba o maior número de traballos publicados, é a poesía trobadoresca galego-portuguesa, tanto a lírica profana (coa edición de varios trobadores) como as Cantigas de Santa Maria (das que, entre outros trabalhos, editou o texto crítico completo: Cantigas de Santa Maria (Texto crítico completo), 2021.
Reintegracionismo dereita|miniatura|Homenaxe a Carvalho Calero en 2008.
A súa obra está vinculada á defensa do reintegracionismo. Redactou unha proposta de unificación ortográfica desta corrente, publicada en 1976 na revista Grial co nome de Unificación ortográfica galego-portuguesa. Este texto recollía a proposta feita por Manuel Rodrigues Lapa de adoptar o portugués como forma literaria do galego, e, suxerindo un punto de encontro coas matizacións de Ramón Piñeiro, propuña como um primeiro paso para un proceso de reintegración lingüística galego-portuguesa un inmediato e progresivo achegamento ortográfico.
En 1994, nun artigo publicado na revista Temas do EnsinoA Lusofonia e a Língua Portuguesa da Galiza: Dificuldades do presente e tarefas para o futuro Actas do Congreso Internacional de Lingua, Cultura e Literaturas Lusófonas (Homenaxe ao profesor Ernesto Guerra da Cal): Santiago, 15-17 de setembro de 1994, Pontevedra - Braga: Irmandades da Fala da Galiza e Portugal, 1994, 452 pp. In Temas de O Ensino de Linguística, Sociolinguística e Literatura, volume VII-IX, núms. 27-38 (1991-1994), pp. 137-149)., defendeu a creación da Academia Galega da Língua Portuguesa, que se fundou finalmente en Santiago de Compostela en 2008 e da que foi o primeiro presidente (2008-2016) e membro da comisión de lexicografía, amais de subdirector do Boletim da AGLP.
Participou na fundación da AGAL (Associaçom Galega da Língua) e das Irmandades da Fala da Galiza e Portugal.
Obra Foi membro fundador das revistas Boa Nova, O Tempo e o Modo, Agália, Estudios Mindonienses e Encrucillada, da que tamén foi membro da redacción. En 1977 gañou o Premio Fernández Latorre de xornalismo, concedido por La Voz de Galicia polo artigo "Integración lingüística galego-portuguesa". Participou na tradución do Novo Testamento ao galego.
Obra editada en libro
Poesía Quince poemas seus aparecen no libro Un alpendre de sombra e de luar. A escola literaria da diocese de Mondoñedo-Ferrol (Félix Villares Mouteira, 2007). Deles, catro son de temática relixiosa (de Nadal), tres sobre a lingua galega, dous adicados ao Camiño de Santiago e dous sobre Pontevedra.
Narrativa Oxalá voltassem tempos idos! Memórias de Filipe de Amância, pajem de Dom Merlim (Edicións Laiovento, 1994).
Ensaio Directrices para a reintegración lingüística galego-portuguesa (Ferrol, 1979). Método prático de língua galego-portuguesa (Ourense, 1983). Carvalho Calero e a sua obra (Edicións Laiovento, 1993).https://www.academia.edu/40675939/Carvalho_Calero_e_a_sua_obra_1993_
Investigación As rimas da poesia trovadoresca galego-portuguesa: catálogo e análise (A Corunha, 2000).
O nome da Galiza (GZe-ditora, 2005).
O texto do testamento de 1214 de Dom Afonso II, rei de Portugal: Edições filológica, crítica e paleográfica (Santiago de Compostela: Academia Galega da Língua Portuguesa, 2015).
Cantigas de Santa Maria (Texto crítico completo) (Perlio, 2021).
Obras colectivas Por um galego extenso e útil (Através Editora, 2010). Carvalho Calero atual (Através, 2012).
Obra destacada en revistas "Na morte de Rodrigues Lapa". Artigo na revista Agália, nº 17, 1989. As sete cantigas de amor de Dom Dinis do fragmento Sharrer. Agália, 1997. Recoñecementos
En 2026 foi nomeado fillo predilecto do Concello de Cerdido, o seu concello natal.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía na web da AGLP. https://uvigo.academia.edu/Jos%C3%A9MartinhoMonteroSantalha
Categoría:Nados en Cerdido Categoría:Nados en 1947 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Reintegracionismo Categoría:Catedráticos da Universidade de Vigo Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Premio Carvalho Calero