Wachau é unha rexión austriaca, composta dunha paisaxe montañosa atravesada polo val do río Danubio. Posúe aproximadamente 30 km de lonxitude, quedando comprendida entre as cidades de Melk e Krems no estado de Baixa Austria, situado a aproximadamente 80 km de Viena. É un dos principais destinos turísticos de Austria, sendo recoñecido como Patrimonio Mundial pola UNESCO.
A rexión de Wachau é recoñecida polo cultivo de uvas e albaricoqueiros, ambos usados para a fabricación de viños e licores.
As súas principais atraccións son o Mosteiro de Melk, o centro histórico de Krems, e a aldea de Dürnstein, onde se atopan as ruínas dun castelo onde o Rei de Inglaterra, Ricardo Corazón de León, foi feito prisioneiro polo Duque Leopoldo V de Austria durante o seu regreso da Terceira Cruzada.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web oficial de Wachau (en alemán) Wachau, páxina web Weissenkirchen (en alemán) Wachauer.Net (en alemán) Artigo de Winemonger.com sobre o Codex Wachau Vinea Wachau
Categoría:Austria Categoría:Patrimonio da Humanidade en Austria
ba:Вахау (Саксония)