Co nome de revolución serbia coñécese a resistencia serbia á dominación otomá, que foi durante moito tempo latente, pero que se manifestou violentamente cando o Imperio Otomán xa estaba moi debilitado, principios do século XIX e, especialmente, ás dúas insurreccións que estalaron, a primeira no ano 1804, e a segunda no ano 1815.Plamen Mitev, Ivan Parvev, Maria Baramova, Vania Racheva (Eds.) (2011): Empires and Peninsulas: Southeastern Europe Between Carlowitz and the Peace Adrianople (1699-1829). Lit Verlag. ISBN 978-3-643-10611-7 Consultada o 7/1/2012.Dušan T. Bataković: Belgrade in the Nineteenth Century. An Historical Survey. Consultada o 8/1/2012.

A adopción da primeira Constitución escrita en 1835 aboliu o feudalismo e a servidume,Sima Avramović, The First Serbian Constitution of Sretenje (resumo) Consultada o 8/1/12012. e fixo ao país suzerán.Negotiations Legal of Serbia Consultada o 8/1/2012.

A revolución serbia non foi só unha rebelión nacional, senón tamén unha revolución social, despois da cal Serbia experimentou un gran progreso debido a que aceptou os valores da sociedade burguesa. Como resultado destes levantamentos e das guerras contra o Imperio Otomán, xurdiu o Principado de Serbia, que foi internacionalmente recoñecido o ano 1878.L. S. Stavrianos, The Balkans since 1453, London: Hurst and Co., 2000, páxs. 248-250.

O termo revolución serbia foi cuñado polo historiador alemán Leopold von Ranke, no seu libro Die Serbische Revolution, publcado en 1829.Leopold Ranke (1847): A History of Serbia and the Serbian Revolution. (Traducido do alemán ao inglés por Alexander Kerr). London: John Murray.)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Historia dos eslavos do sur Primeira revolta serbia Segunda revolta serbia

Categoría:Balcáns Categoría:Historia de Serbia Categoría:Revolucións do século XIX