Rionegro é un concello colombiano, localizado no departamento de Santander. O territorio do concello está repartido entre as provincias de Mares e Metropolitana. Ten unha superficie de 1277,5 km² e unha poboación de 27 114 (2015).
Historia Dende 1545 xa existe constancia no lugar dun poboamento humano. En 1799 solicítanlle á coroa españolaque se lle recoñeza o status de poboación, algo que obteñen no 1805 baixo o nome de "Santa Bárbara de Rionegro". En 1807 creouse a primeira oficina postal do concello. O 27 de maio de 1828 recibiu a visita de Simón Bolívar quen estivo na poboación varios días.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Concellos de Santander, Colombia