La donna del lago (en galego, A dama do lago) é unha ópera seria en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Abdrea Leone Tottola, quen se baseou no poema The Lady of the Lake de Sir Walter Scott. A ópera foi estreada no Teatro San Carlos de Nápoles, o 24 de outubro de 1819 baixo a dirección do propio compositor.Viking Opera Guide ed. Holden (Viking, 1993) O elenco incluíu a Isabella Colbran (Elena), Benedetta Rosmunda Pisaroni (Malcolm) e Giovanni David (King James).J. Warrack and E. West, The Oxford Dictionary of Opera (1992). Foi realizada en Londres en febreiro de 1823 e a súa estrea americana tivo lugar en xuño de 1829 en Nova Orleáns. La donna del lago foi practicamente ignorada durante un século ata un revival en Florencia, en 1958. Foi representada no Festival Camden de Londres en 1969 con Kiri Te Kanawa no papel principal.

Esta ópera foi a primeira que se baseou en obras románticas de Scott. Contra o 1840, apenas 20 anos despois de La donna del lago, houbo 25 óperas italianas sobre obras de Scott (sendo a máis famosa a de Gaetano Donizetti Lucia di Lammermoor), e por outros en alemán, francés e inglés).Osborne, C., The Bel Canto Operas, 1994, p.94.

En 1992, para conmemorar o bicentenario do nacemento de Rossini, o Teatro alla Scala de Milán montou a súa primeira produción desta ópera en 150 anos cun elenco que incluía a Rockwell Blake e Chris Merritt, dirixida por Werner Herzog e coa batuta de Ricardo Muti.

Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea,Warrack & West, p. ? 24 de outubro de 1819(Director: Gioachino Rossini)Elena, a dama do lagosoprano Isabella ColbranMalcolm GroemecontraltoBenedetta Rosmunda PisaroniUberto, alias de Giacomo (Rei Xacobe V de Escocia)tenorGiovanni DavidDouglas, pai de Elena e anterior titor do rei XacobebaixoMichele BenedettiRodrigo, xefe dos HighlanderstenorAndrea NozzariSerano tenorGaetano ChizzolaAlbina mezzosopranoMaria ManziBertrambaixoMassimo OrlandiniPastores, cazadores, os homes do rei, highlanders, cortesáns - coro

Notas

Véxase tamén

Categoría:Óperas de Rossini Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Nápoles Categoría:Óperas de 1819