Alberto Vázquez Rico, nado na Coruña o 13 de outubro de 1980, é un debuxante de banda deseñada, ilustrador e director de cine galego.
Polo seu traballo no cine gañou catro Premios Goya.
Traxectoria Comezou a estudar Belas Artes na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e licenciouse pola Universidade Politécnica de Valencia. O seu labor como debuxante de banda deseñada arrincou en 2001. Foi un dos cofundadores do selo editorial Polaqia, co que publicou o seu primeiro álbum en solitario en 2002. Tamén dirixiu el mesmo fanzines, como Fanzine enfermo, e participou noutros de relevancia ibérica como Nostros somos los muertos ou Dos veces breve. Como ilustrador, ten desenvolvido diversos traballos para xornais e revistas, entre eles El País.
Con todo, comezou a ser coñecido para o gran público pola súa faceta como autor de novelas gráficas. Unha desas obras, Psiconautas, foi levada ao cinema nunha produción guionizada e dirixida conxuntamente por el e mais polo vasco Pedro Rivero, baixo o nome Birdboy. Esta curtametraxe de animación gañou o Premio Goya á mellor curtametraxe de animación e foi preseleccionada para os Óscar.
Posteriormente realizou unha longametraxe baseada nesa curta, Psiconautas, los niños olvidados. O filme gañou o Goya á mellor película de animación en 2017. Nese mesmo ano, Alberto Vázquez levou outro Goya pola súa curta "Decorado".
En 2022 estreouse a súa segunda longametraxe, que levou por título Unicorn Wars e que está baseada nunha curta que realizara anos atrás. O filme valeulle o seu cuarto Premio Goya.
Ademais é percusionista na banda de pop Mano de obra. Filmografía
Longametraxes Psiconautas, los niños olvidados (2016) Unicorn Wars (2022) Decorado (2025)
Curtametraxes
Birdboy (2011) Sangre de unicornio (2013) Decorado (2016)
Galardóns e nomeamentos
Premios Goya
Ano Categoría Filme Resultado2011Mellor curtametraxe de animaciónBirdboy Gañador2014Mellor curtametraxe de animaciónSangre de unicornio Nomeado2016Mellor película de animaciónPsiconautas, los niños olvidados Gañador2016Mellor curtametraxe de animaciónDecorado Gañador2022Mellor película de animaciónUnicorn Wars Gañador2025Mellor película de animaciónDecorado Gañador
Premio ao Mellor filme de animación no Festival de Derry por Birdboy. Premio á Mellor curtametraxe de Animación do Festival de Cans en 2011 por Birdboy. Premio Platino á Mellor película de animación por Psiconautas, los niños olvidados. Premio á Mellor longametraxe de animación do Festival de Stuttgart por Psiconautas, los niños olvidados. Premio á Mellor longametraxe no Festival Internacional de Cine de Animación Golden Kuker de Sofía por Psiconautas, los niños olvidados. Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación no Festival de Cans (2017) por Decorado.
Outros traballos
Como debuxante Alter ego (Polaqia, 2002) Freda (Edicions de Ponent, 2003), con Kike Benlloch. Nomeado como mellor autor novel nos premios do Salón Internacional de Cómic de Barcelona e para os White Ravens de literatura infantil. Psiconautas (Astiberri Ediciones, 2006). Nomeado ao mellor autor revelación nos salóns de banda deseñada de Madrid e Barcelona e ao mellor debuxo no de Barcelona. El evangelio de Judas (2007). Premio do público ao mellor debuxo no Salón Internacional de Cómic de Barcelona (2008).
Como ilustrador Hop Frog, de Edgar Allan Poe (Oqo, 2008) Verbas de sal, de Antonio García Teijeiro (Xerais, 2011). Poe, de Jordi Sierra i Fabra (Libros del zorro rojo). La sombra sobre Innsmouth, de H. P. Lovecraft (Astiberri Ediciones, 2010).
Como músico Imperio cobra, Mano de obra. 2010 Cámara de cría, Mano de obra. 2012 (pendente de publicación)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web persoal Blog en Blogspot. Ficha de Alberto Vázquez en IMBb (en inglés).
Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Guionistas de Galicia Categoría:Percusionistas Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1980 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo