Os amigos de Peter (en ) é un filme británico dirixido por Kenneth Branagh que se estreou en 1992. Estreouse en galego na TVG o 11 de xullo de 2000.
Sinopse Peter (Stephen Fry) convida os seus mellores amigos, ós que non ve dende hai dez anos, a festexa-la Noitevella na súa mansión: son os amigos entrañábeis do colexio, cos que representaba obras de teatro e revistas musicais. Xuntos, divírtense, pero tamén saen a relucir os seus problemas, os seus soños e esperanzas rotos, pero o que ningún imaxina é a sorpresa que Peter lles ten agochada para o final da festa.
Personaxes Stephen Fry como Peter Kenneth Branagh como Andrew Hugh Laurie como Roger Imelda Staunton como Mary Emma Thompson como Maggie Alphonsia Emmanuel como Sarah Rita Rudner como Carol Tony Slattery como Brian Phyllida Law como Empregada na mansión
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 1992 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Kenneth Branagh Categoría:Filmes sobre temática LGBT do Reino Unido Categoría:Filmes de 1992 con versión en galego