Las Arenas (coñecida tamén como Arenas de Cabrales ou simplemente Arenas) é unha vila e parroquia do concello de Cabrales (Asturias, España). Ten unha poboación de 853 persoas (INE 2007) e unha densidade de poboación de 42,33 hab/km². Dista 3 km de Carreña, a capital do concello.

Lugares de interese A igrexa de Santa María de Llas é unha pequena igrexa cualificada de patrimonio histórico-artístico que foi recentemente reacondicionada. A súa portada é románica, así como algúns outros elementos. Consta dunha nave principal e dúas pequenas capelas laterais. Dispón dun pórtico exterior do século XVIII. Como é frecuente na zona, ao seu lado vive un ancestral teixo.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial do concello

Categoría:Parroquias de Cabrales