Manuel González Álvarez, nado na Rúa en 1955, é un guionista e investigador cinematográfico galego.
Traxectoria Licenciado en Psicoloxía pola Universidade Complutense de Madrid, participou na formación de cineclubs na Rúa, Santiago de Compostela e Madrid. Foi director do IFP Allariz (1979-1982), onde realizou as primeiras experiencias de vídeo na escola de Galicia. Foi responsable de cine e vídeo da Dirección Xeral de Cultura e da Videoteca de Galicia (1984-1985) e director da Escola de Imaxe e Son da Coruña (1990-1998). Estivo vinculado á produtora Videovoz TV, na que realizou labores de produción, guión e realización de programas para a TVG. Levou a cabo traballos de investigación sobre a historia do cine, dos que destacan a catalogación e recuperación de material audiovisual galego producido por emigrantes en América.
Obras Documentos para a Historia do Cine en Galicia 1970-1990. Nos días encantados de agosto. Unha biografía de José Gil (2022). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9151-942-3. O benshi de Galicia. O arrebato cinematográfico de Rey Soto (2023). Alvarellos Editora. ISBN 978-84-18567-44-5 O cineísta andarengo. A propósito de Bernardino de Lamas (2025). Edicións Embora. ISBN 978-84-19853-17-2
Galardóns e nomeamentos miniatura|Manolo González e David Pérez Iglesias. Premios Mestre Mateo Ano Categoría Resultado2013Premio de Honra Fernando Rey Gañador
miniatura|Con Luís Bará no Museo de Pontevedra en 20232023: Premio Antón Losada Diéguez, modalidade Investigación por Nos días encantados de agosto. Unha biografía de José Gil. 2025: Premio da Crítica de Galicia en Cine e artes audiovisuais.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Personalidades do audiovisual galego Categoría:Nados na Rúa Categoría:Nados en 1955 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Premio de Honra Fernando Rey