Os pércidos ( Percidae ), comunmente percas, son unha familia de peixes propios de augas doces e salobres, incluídos na orde dos Perciformes. Están distribuídos por todo o hemisferio Norte.

Inclúe especies tan coñecidas como a perca común (Perca fluviatilis).

Características Corpo alargado, algo oblongo e comprimido, con escamas ctneoideas. Boca grande, terminal ou subterminal, co premaxilar protráctil ou non e varias filas de dentes afiados.

Dúas aletas dorsais: a primeira con 6-15 espiñas e a segunda con raios brandos ramificados; a aleta anal é oposta á segunda dorsal, con dúas espiñas; pelvianas en posición torácica, cunha espiña e 5 raios brandos; caudal algo fendida.

O talle máximo rexistrado é de 100 cm (Sander lucioperca).miniatura|300px|Perca común|centro Clasificación Comprenden dez xéneros e unhas 200 especies: Xénero Ammocrypta Xénero Crystallaria Xénero Etheostoma Xénero Gymnocephalus Xénero Perca Xénero Percarina Xénero Percina Xénero Romanichthys Xénero Sander Xénero Zingel

Galería de imaxes

Véxase tamén Ligazóns externas

Taxonomía FishBase Taxonomía ITIS

Categoría:Percoideos