Earth Radiation Budget Satellite, coñecido tamén polo seu acrónimo ERBS, é un satélite artificial da NASA lanzado o 5 de outubro de 1984 desde Cabo Cañaveral na bodega de carga do transbordador espacial Challenger na misión STS-41-G.

Características ERBS adicouse a medi-lo balance de radiación terrestre e recoller datos sobre aerosois e ozono atmosféricos. Foi deseñado para funcionar polo menos durante dous anos.

O satélite estaba composto por tres módulos: o módulo quilla, que proporciona soporte estrutural, o módulo base, que proporciona a interfase co transbordador, e o módulo instrumental.

Experimentos ERBS leva dous experimentos a bordo:

ERBE (Earth Radiation Budget Experiment) SAGE II (Stratospheric Aerosol and Gas Experiment II)

Notas

Categoría:Satélites artificiais