A tempada 1947-48 da BAA foi a segunda edición da Basketball Association of America, a liga profesional de baloncesto de Norteamérica que uns anos despois sería rebautizada como National Basketball Association. Nesta tempada fixéronse co título os Baltimore Bullets, vencendo nas finais ós campións do primeiro ano, os Philadelphia Warriors. Antecedentes Antes de comezar a 2ª tempada da BAA, o 1 de xullo de 1947 celebrouse en Detroit o primeiro Draft da historia. Nel os equipos puideron facer as súas eleccións de xogadores en orde inverso ó porcentaxe de vitorias na tempada pasada, deixándolle ós Bullets a 10ª e última vez da primeira rolda. Neste draft participaron equipos que logo non disputaron a liga, como é o caso de Pittsburgh Ironmen e Toronto Huskies, que tiveron as dúas primeiras veces para elixir. O nº1 do draft foi Clifton McNeely, que nunca chegou a xogar na BAA ou NBA. En xeral, ningunha das primeiras eleccións chegou a converterse en estrela; pero si houbo un xogador neste draft, elixido dos últimos, que acabaría sendo membro do Salón da Fama, como foi o caso de Jim Pollard, elixido polos Chicago Stags. Outros futuros membros do Salón da Fama que saíron deste draft foron Harry Gallatin, elixido polos Baltimore Bullets, e Andy Phillip, elixido polos Chicago Stags. Unha curiosidade é que o xogador que foi elixido no número 4 deste draft, Walt Dropo, non só non xogou nunca na NBA, senón que remataría xogando durante 13 anos como profesional na Mayor League Baseball no posto de 1ªBase.

Equipos A liga contou nesta ocasión con 8 equipos trala desaparición de 4 das 11 franquías orixinais: Cleveland Rebels, Detroit Falcons, Pittsburgh Ironmen e Toronto Huskies. Non obstante, os Baltimore Bullets uníronse á liga abandonando a ABL, facendo así que as dúas división puidesen ter o mesmo número de equipos. Os Baltimore Bullets viñan de disputar 3 finais seguidas da ABL, polo tanto non era un equipo novo, senón un equipo de gran nivel. 320px|miniatura|dereita|O desaparecido St.Louis Arena, alcumado The Barn, era o fogar dos Bombers, o mellor equipo da tempada regular. EquipoCidadePavillónCapacidadeBaltimore BulletsBaltimoreBaltimore Coliseum5.500New York KnicksNova YorkMadison Square Garden18.500Boston CelticsBostonBoston Garden14.900Washington CapitolsWashingtonUline Arena7.500Philadelphia WarriorsFiladelfiaPhiladelphia Arena5.500Providence SteamrollersProvidenceRhode Island Auditorium5.300Chicago StagsChicagoChicago Stadium18.600Saint Louis BombersSaint LouisSaint Louis Arena14.200

Tempada regular A tempada regular amosou unha salientable igualdade entre tódolos equipos da División Oeste e dous equipos da División Leste. Os Saint Louis Bombers acadaron a mellor porcentaxe de vitorias. Nesta tempada cada equipo tivo que disputar 48 encontros antes do comezo dos playoffs, ós que se clasificaron os 3 primeiros equipos de cada división.

División Leste EquipoVitoriasDerrotas%L1 - Philadelphia Warriors 27 21 0'563L2 - New York Knicks 26 22 0'542L3 - Boston Celtics 20 28 0'417L4 - Providence Steamrollers 6 42 0'125

División Oeste EquipoVitoriasDerrotas%O1 - Saint Louis Bombers 29 19 0'639O2 - Baltimore Bullets 28 20 0'583O3 - Chicago Stags 28 20 0'583O4 - Washington Capitols 28 20 0'583

Playoffs

 Cuartos de finalSemifinaisFinais                O3  Chicago Stags 2   O3  Chicago Stags 0     O2  Baltimore Bullets 2  O2  Baltimore Bullets 2  L2  New York Knicks 1     O2  Baltimore Bullets 4  L1  Philad. Warriors 2                  O1  St.Louis Bombers 3    L1  Philad. Warriors 4        

FINAIS Disputadas ó mellor de 7 encontros, nelas enfrontáronse os Philadelphia Warriors e os Baltimore Bullets. Os vencedores foron os Baltimore Bullets que gañaron as finais por 4 vitorias a 2, proclamándose dese xeito campións da BAA na súa segunta edición. 1º Encontro: Philadelphia 71 - Baltimore 60; en Filadelfia o 10 de abril de 1948. 2º Encontro: Philadelphia 63 - Baltimore 66 ; en Filadelfia o 13 de abril de 1948. 3º Encontro: Baltimore 72 - Philadelphia 70 ; en Baltimore o 15 de abril de 1948. 4º Encontro: Baltimore 78 - Philadelphia 75 ; en Baltimore o 17 de abril de 1948. 5º Encontro: Philadelphia 91 - Baltimore 82; en Filadelfia o 20 de abril de 1948. 6º Encontro: Baltimore 88 - Philadelphia 73 ; en Baltimore o 21 de abril de 1948.

Estatísticas Max Zaslofsky foi nesta ocasión o líder de anotación da liga con 1.007 puntos anotados (21'0 por encontro), por diante de Joe Fulks con 949 puntos, quen non obstante tivo por segundo ano seguido a maior media de anotación, con 22'1 puntos por encontro. O terceiro posto na táboa de anotadores foi para Ed Sadowski con 910 puntos (19'4 por encontro). Líderes As estatísticas de anotación, asistencias e porcentaxe de acertos, foron lideradas polos seguintes xogadores: Categoría Xogador Equipo Valor Líder de anotación Max Zaslofsky Chicago Stags 1.007 Líder de asistencias Howard Dallmar Philadelphia Warriors 120 Líder na porcentaxe de acerto en tiros de campo Bob Feerick Washington Capitols 34'4% Líder na porcentaxe de acerto en tiros libres Bob Feerick Washington Capitols 78'8% Equipos ideais Max Zaslofsky, Joe Fulks e Bob Feerick foron elixidos por segundo ano seguido dentro do primeiro quinteto ideal da BAA. Por outra banda, como curiosidade, Buddy Jeannette, o adestrador e base titular dos campións Baltimore Bullets foi ademais elixido no segundo quinteto ideal.

Primeiro quinteto ideal. Posición Xogador Equipo Base Max Zaslofsky Chicago Stags Aleiro Howie Dallmar Philadelphia Warriors Aleiro Joe Fulks Philadelphia Warriors Aleiro Bob Feerick Washington Capitols Pivote Ed Sadowski Boston Celtics

Segundo quinteto ideal. Posición Xogador Equipo Base Buddy Jeannette Baltimore Bullets Base Carl Braun New York Knicks Pivote Stan Miasek Chicago Stags Base John Logan Saint Louis Bombers Base Fred Scolari Washington Capitols

Véxase tamén Outros artigos National Basketball Association Ligazóns externas Páxina oficial da NBA Tódolos datos sobre a tempada 1947-48 da BAA Joe Fulks no Naismith Memorial Basketball Hall of Fame

Categoría:Baloncesto en 1948 Categoría:Tempadas da NBA