miniatura|Placa na sede da institución. O Instituto da Lingua Galega (ILG) é un instituto universitario pertencente á Universidade de Santiago de Compostela creado en 1971"O ILG, 50 anos sinalando o camiño da lingua". La Voz de Galicia, 11 de xuño de 2021. para promover o uso e normalización da lingua galega e estudala sincrónica e diacronicamente. Ten a súa sede en Santiago de Compostela, no número 4 da Praza da Universidade, edificio cuxa construción data de 1640Informe de Xestión 2015, da USC. páx. 105..

Historia O seu primeiro director foi Constantino García González, estando á fronte da sección de lexicografía Antón Santamarina Fernández, quen o substituíu no cargo (1991-2005). Sucedéronos Rosario Álvarez (desde finais do 2005 a marzo de 2013), Ernesto González (marzo de 2013-xuño de 2018)"Ernesto González, novo director do Instituto da Lingua Galega da USC" , artigo en El Correo Gallego, 26 de marzo de 2013 ., Xosé Luís Regueira (2018-maio 2023) e Elisa Fernández Rei, desde o 30 de maio de 2023.

Tivo un papel destacado na elaboración das normas da lingua galega de 1982 de forma conxunta coa Real Academia Galega, como nas reformas de 1995 e 2004 aprobadas pola RAG "Presentación" e "Nota á décimo terceira edición" das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego.. Ademais, leva a cabo diferentes traballos coas novas tecnoloxías da información, coma o Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG, en colaboración co Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades) ou o Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG).

Acolle no seu seo conferencias, congresos, simposios, xuntanzas e encontros sobre diferentes temas relacionados coa lingua e literatura galegas (normalización lingüística, historia da lingua galega, ensino, sociolingüística etc.)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego Normativa oficial do galego Real Academia Galega Recursos Integrados da Lingua Galega

Categoría:Institucións de promoción do galego Categoría:Medalla de Ouro de Galicia Categoría:Premio Otero Pedrayo Categoría:Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Institutos e centros de investigación de Galicia