Jerome "Pooh" Richardson, nado o 14 de maio de 1966 en Filadelfia, Pensilvania, é un ex xogador americano de baloncesto profesional. Foi a primeira elección do Draft da NBA da historia dos Minnesota Timberwolves, en 1989. Durante os seus dez anos na NBA xogou tamén para os Indiana Pacers e os Los Angeles Clippers.

Richardson xogou na Universidade para a Universidade de California, Los Angeles (UCLA), de 1985 a 1989. Conseguiu récords de asistencias e porcentaxe de triplas da universidade.

Traxectoria deportiva Profesional Richardson foi elixido na 10ª posición do Draft da NBA de 1989 polos Minnesota Timberwolves, a primeira elección da súa historia, e xogou en Minnesota durante 3 tempadas, ata 1992. Foi traspasado aos Indiana Pacers xunto a Sam Mitchell a cambio de Chuck Person e Micheal Williams. En 1994, os Pacers o enviaron aos Los Angeles Clippers xunto a Malik Sealy e á elección do Draft de 1994 Eric Piatkowski, a cambio de Mark Jackson e os dereitos do Draft de Greg Minor.

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores do Olimpia Milano