Calma total (en ) é un filme estadounidense dirixido por Phillip Noyce que se estreou en 1989. Baséase na novela Dead Calm de Charles Williams. Foi estreado en galego a través da TVG o 19 de setembro de 2015.

Sinopse John e Rae deciden facer unha viaxe no seu pequeno iate de vela para intentar esquecer a morte do seu fillo nun accidente. Pero a travesía vese interrompida cando divisan un bote pneumático que foxe dunha goleta varada. O único ocupante do bote, un asustado mozo, explícalles que é o único supervivente dunha intoxicación alimentaria que acabou con toda a tripulación, pero o seu estraño comportamento fará sospeitar de que non está contando toda a verdade.

Personaxes Sam Neill como Capitán John Ingram Nicole Kidman como Rae Ingram Billy Zane como Hughie Warriner

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 1989 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Australia Categoría:Filmes dirixidos por Phillip Noyce Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes rodados en Australia Categoría:Filmes de 1989 con versión en galego