La gazza ladra (en galego; A pega ladroa) é unha ópera semiseria en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Giovanni Gherardini e Louis-Charles Caigniez. Foi estreada no Teatro alla Scala de Milán o 31 de maio de 1817. A parte máis coñecida desta ópera é a súa abertura, na que destaca o uso de caixas.
Rossini foi famoso pola súa rapidez ao escribir, e La gazza ladra non foi unha excepción. Dise que o produtor tivo que pechar a Rossini nunha habitación o día anterior á estrea para que compuxera a abertura. Máis tarde, Rossini lanzou papeis a través dunha fiestra aos copistas, quen completaron as partes orquestrais.
Esta ópera rara vez se representa na actualidade, nas estatísticas de Operabase aparece con só 6 representacións no período 2005-2010.
Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 31 de maio de 1817Director: Alessandro RollaFabrizio Vingradito (rico hacendado) baixoVincenzo BotticelliLucia (dona de Frabrizio)mezzosopranoMarietta CastiglioniNinetta (sirvienta de Frabrizio)soprano Teresa Belloc-GiorgiGiannetto (soldado, fillo de Fabrizio)tenorSavino MonelliFernando Villabella (soldado, pai de Ninetta)barítonoFilippo GalliGottardo (o alcalde)baixoAntonio AmbrosiPippo (criado de Fabrizio)contraltoTeresa GallianisGiorgio (axudante de Gottardo)baixoPaolo RosignoliIsacco (un vendedor ambulante)tenorFrancesco BiscottiniAntonio (un carceleiro)tenorFrancesco BiscottiniErnesto (soldado, amigo de Fernando)baixoAlessandro De Angeli
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Abertura de La gazza ladra dirixida por Claudio Abbado (en YouTube)
Categoría:Óperas de Rossini Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Milán Categoría:Óperas estreadas no Teatro alla Scala Categoría:Óperas de 1817