miniatura|275x275px|Boeing 737-800 Air Europa é unha aeroliña española con sede social en Llucmajor, nas Illas Baleares."Información Corporativa / Globalia ." Air Europa. Consultado o 17 de decembro de 2010. "Air Europa Líneas Aéreas, S.A.U. ·Centro Empresarial Globalia. Apdo. Correos-132. 07620 Llucmajor - Baleares - España" Pertence ao Grupo Globalia (Pepephone, Viajes Halcón, Viajes Ecuador ou Pepecar).

A aeroliña ten voos aos aeroportos galegos da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

En novembro de 2019 Globalia chegou a un acordo con IAG para vender a aeroliña por 1 000 millóns de euros. Agárdase que a operación se peche no ano 2020. Segundo o acordo Air Europa manterá a súa marca.

Historia A aeroliña fundouse baixo a razón social Air España S.A. e participada polo tour operador inglés ILG-Air Europe Group (International Leisure Group), tamén propietario da aeroliña inglesa Air Europe en 1984, e por bancos españois. Comezou realizando voos chárter entre España e o Reino Unido en novembro de 1986. Tras a quebra de ILG e de Air Europe en marzo de 1991 a compañía foi adquirida por Juan José Hidalgo, propietario á súa vez de Viajes Halcón e que posteriormente tamén adquiriu a almacenistas Travelplan, máis tarde Touring Club, Iberrail, Travelplannet, a comerciante polo miúdo Viajes Ecuador, Groundforce, os Hoteles Oasis, Pepeworld, o Tour operador de Florida MKTravelplan e recentemente o tour operador Travelider conformando hoxe en día Globalia Corporación Empresarial. Cando se desregularizou o mercado aéreo en España en 1993, a compañía comezou a ofrecer voos regulares.

Despois dunha crise económica da compañía, parte da súa frota foi alugada a Iberia LAE en 1997. Posteriormente houbo intencións de vender a aeroliña á compañía estatal, pero non prosperaron. Fundou varias filiais como Air Europa Express, con voos rexionais, ou Air Europa Canarias, con voos chárter ás illas. As dúas pecharon en 2001.

A compañía utilizou ao largo da súa historia unha frota composta en exclusiva por avións de Boeing, especialmente B737, B757 e B767, aínda que en 2005 anunciou a compra de dez Airbus A350 e o alugueiro de catro A330-200 e un A340-200, tamén de Airbus, para realizar novos voos de longo percorrido.

O 5 de setembro de 2007, Air Europa xuntamente con Copa Airlines e Kenya Airways, anuncian a súa entrada oficial como membros alianza SkyTeam, que ten membros como Air France, KLM, Alitalia e Aeroméxico entre outros.

O 22 de xaneiro de 2008 anuncia a compra de 8 unidades de Boeing 787-800 Dreamliner, converténdose na primeira aeroliña española en incorporar ese modelo á súa frota.Air Europa e Boeing anuncian un pedido de oito 787 Dreamliner.

Frota

Actual En novembro de 2020 a frota de Air Europa estaba formada polos seguintes avións: + Frota de Air EuropaAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasCYTotalAirbus A330-2008—24275299Serán substituídos por Boeing 787 Dreamliner.Airbus A330-3002—34265299–388388Boeing 737-80020—12168180Boeing 737 MAX 8—22TBAEntregas adiadas indefinidamente debido aos problemas do modeloBoeing 787-88—22274296Boeing 787-951330303333Entregas ata 2022.Substituirán aos Airbus A330.Total4535

Histórica Air Europa operou anteriormente os seguintes avións: + Frota histórica de Air EuropaAviónIntroducidoRetiradoNotasAirbus A340-20020052007ATR 4219961997Boeing 737-30019862004Boeing 737-40019942006Boeing 737-60020032004Boeing 757-20019871998Boeing 767-20019962001Boeing 767-300ER20002012British Aerospace ATP19962001Embraer 19520082017transferidos a Air Europa Express

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web oficial

Categoría:Aeroliñas de España Categoría:SkyTeam