A AC-14 ou Autovía de acceso á Coruña, é unha autovía urbana da cidade da Coruña. Cunha lonxitude de preto de 10 quilómetros conecta a autovía A-6 á altura da parroquia de SésamoDescarga de información xeográfica Instituto de Estudos do Territorio, Xunta de Galicia. Consultado o 17/08/2015. en Culleredo coa avenida de Enrique Salgado Torres na zona de Louzás, na Coruña.
A finalidade da súa construción foi a de descargar de tráfico a entrada e saída da cidade pola Avenida Alfonso Molina, proporcionando xunto coa autoestrada V-1.4 (tamén chamada Ronda do Deportivo da Coruña) a posibilidade de acceder e saír da cidade a través doutras avenidas. A dous quilómetros do seu fin en Louzás, a AC-14 bifúrcase coa Ronda do Deportivo da Coruña coa que se pode entrar na cidade pola rúa Manuel Murguía ou pola Avenida de Arteixo. A AC-14 tamén ofrece a posibilidade de chegar á Avenida Alfonso Molina (AC-11) a través da súa última saída cara á Ronda de San Cristovo ou AC-10.
A autovía AC-14 permite ademais acceder ao aeroporto xa que conta no treito Ledoño-A Zapateira cun ramal de case 3 quilómetros, denominado AC-14AL que conduce directamente á terminal do Aeroporto de Alvedro, e permite posteriormente conectar coa estrada nacional N-550Entra en servicio el tramo entre A Zapateira y Ledoño de la tercera ronda de A Coruña www.lavozdegalicia.es, 14/04/2011 ..
Construción e inauguración
O proxecto de construción da AC-14 ten a súa orixe nun acordo subscrito no ano 2000 entre os que daquela eran alcalde da Coruña Francisco Vázquez e Conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas Xosé CuíñaLa tercera ronda abre a la circulación casi completa 15 años después de ser concebida www.laopinioncoruna.es, 15/03/2015 .. Habitualmente a obra foi coñecida no seu conxunto polo nome de Terceira Ronda, e finalmente se materializou na construción por parte do Ministerio de Fomento dunha autovía (AC-14) de acceso á cidade dende a A-6 até Louzás, xunto coa construción por parte da Xunta de Galicia doutra autovía de circunvalación entre a AC-14 e a rotonda do Pavo Real, no cruzamento da rolda de Outeiro e a rúa de Manuel Murguía.
A primeira pedra dos dous treitos que conforman a AC-14 foi posta no ano 2006, sendo alcalde da Coruña Javier Losada. O primeiro treito inaugurado foi o que vai dende a A-6 ata A Zapateira, que se puxo en servizo en abril do ano 2011. Daquela agardábase que estivese totalmente operativa a finais de 2013O alcalde da Coruña espera que a Terceira Rolda estea completamente operativa o último trimestre de 2013., máis finalmente o tramo Louzás-A Zapateira foi inaugurado en marzo de 2015, a falta de rematar un par de conexións, e sendo alcalde Carlos Negreira. O custo total conxunto da AC-14 e a V-1.4 foi de máis de 250 millóns de euros.
Conexións da AC-14 Tramos "Louzás - A Zapateira" e "A Zapateira - Ledoño" Número de Saída Nome de Saída, Túnel ou Viaduto Estrada que liga25px 0Catro Camiños Avenida Salgado Torres 25px Viaduto Louzás, 445m 15px 1 Avenida Alfonso MolinaPolígono de Agrela AC-10 25px Viaduto Pocomaco, 430m 15px 2(en sentido Ledoño) MesoiroFeánsPolígono PocomacoCampus de Elviña DP-051215px 2A(en sentido A Coruña) MesoiroFeánsPocomacoCampus Elviña DP-0512 25px Viaduto Mesoiro, 105m 15px 2B(en sentido A Coruña) RiazorPaseo marítimoA Grela-Bens V-1.415px 3 A ZapateiraCampus A ZapateiraVilaboa DP-3006 25px 30px Túnel Rias Altas 1, 200m 25px 30px Túnel Rias Altas 2, 300m 25px Viaduto Rego de Castro, 200m 25px 30px Túnel da Zapateira, 54m 25px Viaduto Rego de Trabe, 100m 15px 7 15px Aeroporto de Alvedro AC-14AL DP-0510DP-3109 25px 30px A Garrocha, 140m 30px 30px 30px Lugo Madrid Santiago Ledoño ArteixoCarballo A-6AC-523DP-3109
Notas
Véxase tamén Outros artigos Autoestradas e autovías de Galicia
Categoría:Autovías urbanas de Galicia Categoría:Estradas da provincia da Coruña Categoría:Transporte na Coruña