Derivados da proopiomelanocortina Proopiomelanocortina
γ-MSH ACTH β-lipotropina
α-MSH CLIP γ-lipotropina β-endorfina
β-MSH
A lipotropina é unha hormona polipeptídica orixinada polo corte do precursor proopiomelanocortina (POMC). A POMC prodúcese na adenohipófise ou pituitaria anterior, e sofre un corte proteolítico, formando a hormona adrenocorticotropa (ACTH), a γ-MSH e a β-lipotropina (β-LPH).
β-Lipotropina
A β-lipotropina (LPH) é un polipéptido de 90 aminoácidos, que é o fragmento C-terminal da proopiomelanocortina.
Pode ser cortado en péptidos menores. Nos humanos os posibles fragmentos que pode orixinar son : γ-lipotropina, β-MSH, e β-endorfina.
Estimula os melanocitos para que produzan melanina. A β-lipotropina tamén ten funcións mobilizadoras dos lípidos, como a lipólise e a esteroidoxénese O'Connell Y, McKenna TJ, Cunningham SK. Beta-Lipotropin-stimulated adrenal steroid production. Steroids. 1996 May;61(5):332-6. .
γ-Lipotropina
A γ-lipotropina é o fragmento N-terminal da cadea peptídica da β-lipotropina. Nos humanos ten 56 aminácidos.
Notas
Ligazóns externas MeshName - beta-Lipotropin MeshName - gamma-Lipotropin
Categoría:Hormonas