Feliciano Barrera Fernández, nado en Guláns (Ponteareas) en 1918 e finado en Madrid o 9 de febreiro de 2012,"Falece Feliciano Barrera" 9/2/2012. Consello da Cultura Galega. foi un empresario galego relacionado coa actividade xornalística.

Traxectoria Doutor en Económicas pola Universidade Complutense de Madrid, foi fundador de empresas como o Hotel Mindanao e o Banco Industrial do Tajo. Destacou como editor do grupo de comunicación El Correo Gallego, do cal se fixo cargo ao obter a maioría accionarial de Editorial Compostela en 1965. Dende aquel traballou no mundo empresarial ligado ao xornalismo. Segundo unha enquisa de El Mundo, atopábase entre as 25 persoas de maior influencia de Galicia.Morre o editor de El Correo Gallego, 9/2/2012, Galicia Confidencial. Presentouse como candidato a procurador en Cortes en representación do terzo familiar pola provincia de Pontevedra en 1971,El Pueblo Gallego, 19-9-1971, p. 17. pero non foi elixido.El Pueblo Gallego, 5-10-1971, p. 18. miniatura|CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera. Nos últimos anos da súa vida residiu en Madrid.

Distincións e recoñecementos Foi designado Fillo Predilecto de Ponteareas, onde ten dedicada unha rúa, conta coa Medalla Afonso X o Sabio, Medalla da Orde de Cisneros, Medalla da Orde de Santo Hermenexildo, Medalla de Galicia, Medalla Castelao, Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela, Medalla de Ouro ao Mérito Empresarial, outorgada polo concello de Santiago de Compostela de onde é fillo adoptivo e onde tamén ten dedicada unha rúa.Maximino Fernández Sendín, 3/3/2011, "Feliciano Barrera , ejemplo de tesón y generosidad a imitar" .

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas "Feliciano Barrera, editor de honor del Grupo Correo Gallego, falleció esta madrugada…" (9/2/2012). El Correo Gallego.

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Filántropos de Galicia Categoría:Medallas Castelao Categoría:Medalla de Prata de Galicia Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Grupo Correo Gallego Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes