A goethitaHurlbut, Cornelius S.; Klein, Cornelis, 1985, Manual of Mineralogy, 20th ed., Wiley, ISBN 0-471-80580-7http://webmineral.com/data/Goethite.shtml Webmineral datahttp://www.galleries.com/minerals/oxides/goethite/goethite.htm Mineral galleries é un mineral do grupo IV (óxidos e hidróxidos), segundo a clasificación de Strunz. O seu nome débese ao escritor alemán Johann Wolfgang von Goethe (1749-1832). O seu sistema é ortorrómbico bipiramidal (acicular, prismático) e a súa macla ten forma de cóbado (011). A súa morfoloxía é variada abundando as masas reniformes, fibrorradiais, compactas, follosas e estalactíticas.

É un oxihidróxido de ferro (III), de fórmula α-FeO(OH), cun contido do 63% en ferro, e onde pode encontrarse até un 5% de manganeso. A feroxihita e a lepidocrita son polimorfos deste mineral, pois teñen igual composición e fórmula e diferente sistema de cristalización. As minas máis importantes atópanse nos Estados Unidos de América, Westfalia (Alemaña), Alsacia-Lorena (Francia) e o Reino Unido.

España tamén posúe importantes minas en Huelva (Minas de Riotinto), Asturias, Castellón (Mina Museo Esperanza) e Biscaia. Ten unha densidade de 4 a 4,4 g/cm³ e unha dureza de 5 a 5,5 na escala de Mohs. A súa exfoliación é perfecta (desigual) e a súa cor é negra, ocre, ás veces con irisacións. En canto ao seu brillo; este é adamantino, mate, sedoso. A raia característica deste mineral é parda amarelenta. A goethita é opaca e moi fráxil.

Outros hidróxidos Outros hidróxidos destacábeis son a limonita e a bauxita.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Crista-Mine, Curso de Cristalografía e Mineraloxía da UNED. España. Mindat

Categoría:Minerais