miniatura|dereita|200px|Tiroxina (T4) miniatura|dereita|200px|Triiodotironina (T3) miniatura|dereita|200px|Tiroxina, T4. As bólas violetas representan átomos de iodo. miniatura|dereita|200px| Triiodotironina, T3
As hormonas tiroides son as tres hormonas producidas pola glándula tiroide, que son a tiroxina, triiodotironina e calcitonina, aínda que en certos contextos o termo só se usa para referirse ás dúas primeiras.
A tiroxina (T4) e triiodotironina (T3), son hormonas cunha estrutura química baseada no aminoácido tirosina (non confundir coa hormona tiroxina) e que conteñen iodo, producidas pola glándula tiroide, que son as principais responsables da regulación do metabolismo. A principal forma circulante no sangue de hormona tiroide é a tiroxina (T4), que ten unha vida media maior ca a outra hormona, a triiodotironina ou T3. A razón entre a T4 e a T3 liberadas ao sangue é de aproximadamente 20 a 1. A tiroxina convértese dentro das células en T3 activa (que é 3 ou 4 veces máis potente ca a T4) por acción de encimas desiodinases (5'-iodinase). Despois son procesadas por descarboxilación e desiodinación para producir iodotironamina (T1a) e tironamina (T0a).
Ademais destas hormonas, producidas polas células foliculares tiroides, na tiroide prodúcese tamén a hormona polipeptídica calcitonina, segregada polas células parafoliculares, que intervén no control dos niveis de calcio do organismo (xunto coa PTH).
Circulación e transporte da T3 e T4 Transporte no plasma sanguíneo A maioría das hormonas tiroides que circulan polo sangue transpórtanse unidas a proteínas. Só unha pequena fracción das hormonas tiroides circulantes viaxan libres (non unidas a proteínas) e son bioloxicamente activas, polo que a medición das concentracións de hormonas tiroides libres ten un grande valor para facer diagnósticos.
Cando a hormona tiroide está unida a proteínas non é activa, polo que o importante é saber a proporción de T3/T4 libre. Por esta razón, medir só a cantidade de tiroxina total no sangue pode inducir a erros.
Tipo Porcentaxe unida á globulina fixadora da tiroxina (TBG) 70% unida á transtiretina ou "prealbumina fixadora da tiroxina" (TTR ou TBPA) 10-15% unida á albumina (paraalbumina) 15-20% T4 non unida ou libre (fT4) 0,03% T3 non unida ou libre (fT3) 0,3%
A T3 e a T4 poden cruzar a membrana celular facilmente, xa que son moléculas lipófilas, e funcionan asociándose a receptores nucleares do núcleo celular chamados receptores das hormonas tiroides.
As T1a e T0a teñen cargas positivas, polo que non poden cruzar a membrana, e crese que funcionan por medio do receptor TAR1 ou TA1 (Trace Amine-associated Receptor, receptor asociado a aminas traza), que é un receptor acoplado á proteína G situado na membrana.
Outra ferramenta de diagnóstico importante é a medida da cantidade de hormona estimulante da tiroide (TSH) presente.
Transporte a través da membrana As hormonas tiroides son substancias lipófilas que poden atravesar a membrana celular pasivamente por difusión. Porén, existen polo menos 10 transportadores de iodotironina diferentes xeneticamente regulados e dependentes de enerxía nos humanos, os cales garanten que os niveis intracelulares de hormonas tiroides sexan maiores ca no plasma sanguíneo ou no fluído intersticial.Dietrich, J. W., K. Brisseau und B. O. Boehm (2008). "Resorption, Transport und Bioverfügbarkeit von Schilddrüsenhormonen" [Absorption, transport and bio-availability of iodothyronines]. Deutsche Medizinische Wochenschrift 133 (31/21): 1644-8. DOI 10.1055/s-0028-1082780
Transporte intracelular Sábese pouco sobre a cinética intracelular das hormonas tiroides. Porén, recentemente demostrouse que o CRYM cristalino (ou THBP, proteína fixadora da hormona tiroide regulada por NADP+) se une á triiodotironina in vivo.Satoru Suzuki, Nobuyoshi Suzuki, Jun-ichirou Mori, Aki Oshima, Shinichi Usami and Kiyoshi Hashizume. μ-Crystallin as an Intracellular 3,5,3′-Triiodothyronine Holder in Vivo . MMolecular Endocrinology 1 de abril de 2007 vol. 21 no. 4 885-894. PMID 17264173
Funcións da T3 e T4 miniatura|300px|O sistema tiroide formado polas hormonas T3 e T4.References used in image are found in image article in Commons:Commons:File:Thyroid_systbcvhxcxcfffgem.png#References.
As hormonas tiroides activas actúan en case cada célula do corpo. Actúan incrementando a taxa de metabolismo basal, afectan á síntese proteica, axudan a regular o crecemento dos ósos longos (en sinerxía coa hormona do crecemento) e na maduración neuronal, e incrementan a sensibilidade do corpo ás catecolaminas (como a adrenalina) por permisividade (unha hormona é necesaria para a acción doutra). As hormonas tiroides son esenciais para o correcto desenvolvemento e diferenciación das células do corpo. Estas hormonas tamén regulan o metabolismo das proteínas, graxas, e carbohidratos, afectando ao modo en que as células usan os compostos enerxéticos. Tamén estimulan o metabolismo das vitaminas. A síntese de hormonas tiroides está influída por numerosos estímulos fisiolóxicos e patolóxicos.
As hormonas tiroides causan a xeración de calor nos humanos. Porén, as tironaminas (metabolitos das hormonas tiroides) funcionan por medio de mecanismos descoñecidos inhibindo a actividade neuronal, o que xoga un importante papel nos ciclos de hibernación dos mamíferos e o comportamento de muda de plumaxe das aves. Un efecto da administración de tironaminas é unha drástica caída da temperatura corporal.
Efectos da tiroxina Incrementa o gasto cardíaco. Incrementa a frecuencia cardíaca. Incrementa a frecuencia da ventilación pulmonar. Incrementa a taxa de metabolismo basal. Potencia os efectos das catecolaminas (incremento da actividade simpática). Potencia o desenvolvemento cerebral. Engrosa o endometrio uterino. Incrementa o metabolismo das proteínas e carbohidratos.
Enfermidades relacionadas
Tanto o exceso coma a deficiencia de tiroxina poden causar trastornos.
O hipertiroidismo (un exemplo é a enfermidade de Graves) é unha síndrome causada por un exceso de tiroxina libre circulante, ou de triodotironina ou de ambas as dúas. É un trastorno común que afecta a aproximadamente o 2% das mulleres e ao 0,2% dos homes. O termo tirotoxicose úsase ás veces como sinónimo de hipertiroidismo, pero hai sutís diferenzas. Aínda que a tirotoxicose tamén se refire a un incremento de hormonas tiroides circulantes, pode ser causada pola toma de comprimidos de tiroxina ou por unha sobreactividade da tiroide, entanto que o hipertiroidismo refírese só á sobreactividade tiroide. O hipotiroidismo (un exemplo é a tiroidite de Hashimoto) consiste nunha deficiencia de tiroxina, triiodiotironina, ou ambas. A depresión pode ás veces ser causada polo hipotiroidismo. Algunhas investigacións indican que a T3 se encontra nas unións sinápticas, e regula a cantidade e actividade da serotonina, norepinefrina (noradrenalina), e ácido gamma-aminobutírico (GABA) no cerebro.
Os nenos nacidos prematuramente poden sufrir trastornos do desenvolvemento neuronal debido á falta de hormonas tiroides, no momento en que a súa propia glándula tiroide non pode fornecer as hormonas que necesita no período posnatal.Berbel P, Navarro D, Ausó E, Varea E, Rodríguez AE, Ballesta JJ, Salinas M, Flores E, Faura CC, de Escobar GM. (2010). Role of late maternal thyroid hormones in cerebral cortex development: an experimental model for human prematurity. Cereb Cortex. 20(6):1462-75. PMID 19812240.
Medicións A tiroxina e a triiodotironina poden medirse como tiroxina libre e triiodotironina libre, que son indicadores da actividade desas hormonas no corpo. Poden medirse tamén como tiroxina total e triiodotironina total, que inclúen tamén as hormonas unidas á globulina fixadora de tiroxina. Un parámetro relacionado é o índice de tiroxina libre, que é a tiroxina total multiplicado polo consumo de hormonas tiroides, o cal, á súa vez, é unha medida da globulina fixadora de tiroxina non unida a esta.Military Obstetrics & Gynecology > Thyroid Function Tests In turn citing: Operational Medicine 2001, Health Care in Military Settings, NAVMED P-5139, 1 de maio de 2001, Bureau of Medicine and Surgery, Department of the Navy, 2300 E Street NW, Washington, D.C., 20372-5300
Usos médicos das hormonas tiroides T3 e T4 Para tratar a deficiencia de hormonas tiroides (hipotiroidismo) utilízanse tanto a T3 coma a T4. Ambas as dúas absórbense ben no intestino, polo que poden administrarse por vía oral. A forma máis común de tiroxina sintética é a levotiroxina, que é un estereoisómero da tiroxina fisiolóxica (T4 só), que se metaboliza máis lentamente ca a natural e, por tanto, xeralmente só é necesaria unha dose diaria. As hormonas tiroides desecadas naturais, tamén comercializadas co nome Armour Thyroid, derivan de glándulas de tiroide de porco, e son un tratamento "natural" que contén o 20% de T3 e trazas de T2, T1 e calcitonina. Tamén están dispoñibles combinacións sintéticas de T3/T4 en diferentes proporcións (como o Thyrolar) e medicamentos de T3 pura (Cytomel). A levotiroxina é xeralmente o primeiro tratamento que se utiliza. O tratamento con Armour Thyroid, á parte de evidencias anecdóticas, non mostrou nos ensaios clínicos que sexa máis beneficioso ca as formas biosintéticas."Thyroxine-triiodothyronine combination therapy versus thyroxine monotherapy for clinical hypothyroidism: meta-analysis of randomized controlled trials." Grozinsky-Glasberg S; Fraser A; Nahshoni E; Weizman A; Leibovici L. J Clin Endocrinol Metab. 2006 Jul;91(7):2592-
As tironaminas non teñen aínda usos médicos, aínda que o seu uso foi proposto para a indución controlada da hipotermia, a cal causa que o cerebro entre nun ciclo protector, útil para a prevención de danos durante a isquemia (falta de osíxeno).
A tiroxina sintética produciuse por primeira vez en 1926 por Charles Robert Harington e George Barger.
Formulacións