China Southern Airlines (chinés simplificado: 中国南方航空公司; chinés tradicional: 中國南方航空公司) é unha aeroliña chinesa baseada en Guangzhou. É a sexta aeroliña máis grande do mundo en número de pasaxeiros transportados, e a máis grande de Asia en pasaxeiros e número de avións. Tamén é a cuarta aeroliña do mundo en tráfico doméstico. Dende os seus dous principais centros de operacións nos aeroportos de Guangzhou Baiyun e Beijing Capital, a aeroliña voa a 121 destinos usando 422 avións.

China Southern Airlines creouse o 1 de xullo de 1988 despois da reestruturación da Administración Chinesa de Aviación Civil. Dende entón, a compañía adquiriu e fusionouse con varias aeroliñas domésticas, converténdose nunha das tres máis grandes do país (xunto con Air China e China Eastern Airlines). China Southern Airlines é membro da alianza SkyTeam.

En 2010 China Southern Airlines transportou a 76,5 millóns de pasaxeiros e tivo uns beneficios de 883 millóns de dólares.

Destinos China Southern Airlines voa a 193 destinos en 35 países distintos de todo o mundo. Mantén unha forte presenza no mercado doméstico cos seus centros de conexión principais no Aeroporto Internacional de Pequín-Capital, no Aeroporto Internacional de Cantón-Baiyun, o Aeroporto Internacional de Chongqing Jiangbei e o Aeroporto Internacional de Urumchi-Diwopu, xunto con outras cidades centrais como Changchun, Changsha, Dalian, Shanghai, Shenyang, Shenzhen, Wuhan e Zhengzhou. Os plans da aeroliña pasan por continuar desenvolvendo Chongqing e Urumchi como centros de conexión ademais de explotar o potencial do mercado doméstico.

China Southern actualmente oferta 485 diarios dende o seu centro de Guangzhou e 221 dende o de Pequín. A aeroliña proporciona servizos a 65 destinos internacionais. A meirande parte destes unen Guangzhou con cidades de todo o mundo. Tamén ten moitos outros voos internacionais operado a través de Pequín, Urumchi (sobre todo cara Asia Central) e Dalian (cara ao Xapón, Corea do Sur e Rusia). China Southern Airlines desenvolveu unha extensa rede cara ao sueste asiático e tamén se converteu na aeroliña chinesa con maior presenza en Australia. China Southern está tamén considerando expandirse cara ao mercado suramericano, ademais de dirixirse cara ao africano.

Frota En novembro de 2018 a frota da China Southern Airlines estaba formada polos seguintes avións:+Frota de pasaxeiros de China Southern Airlines<span style="color:white;">Aeronave<span style="color:white;">En servizo<span style="color:white;">Ordes<span style="color:white;">Pasaxeiros<span style="color:white;">Notas<span style="color:white;">F<span style="color:white;">C<span style="color:white;">W<span style="color:white;">Y<span style="color:white;">TotalAirbus A319-10025——824901227 alugados a Chongqing Airlines 12 van ser vendidos a United Airlines en 2018-2019Airbus A320-200120252412015213 alugados a Chongqing Airlines 1 alugado á Real Forza Aérea de Cambodia

2 coa librea de SkyTeam

1 coa librea GAC-Mitsubishi OutlanderAirbus A320neo1387413816624 arrendados a AerCap, equipados con PW1100GAirbus A321-200996121431793 coa librea SkyTeamAirbus A321neo1238—424167195Entregas dende 2018Airbus A330-20010—42447142217B-6057 coa librea dos Xogos Asiáticos de 2010B-6528 coa librea de SkyTeam6—49184257Airbus A330-300331448208284B-5928 coa librea de SkyTeamAirbus A350-900—20—2824262314Serán entregados entre 2019 e 2022Airbus A380-8005—870—428506Boeing 737-70026——82488120—119143Boeing 737-800165181321643 coa librea de SkyTeamBoeing 737 MAX 82159—424150178Entregas dende 2017Boeing 777-300ER10843444227309Boeing 787-810—424—200228Boeing 787-9713Comac C919—20—Embraer E-190LR20——6—9298Alugados a CLCTotal582278

Categoría:Aeroliñas da China