Florencio Rodríguez-Vaamonde y Roca, nado en Tui o 22 de febreiro de 1807 e finado en Madrid o 10 de xuño de 1886, foi un político e xurista galego.

Traxectoria Fillo de Agustín Rodríguez Vaamonde. Pertenceu ao Partido Moderado. Foi fiscal do xulgado de Tui (1837-1838), deputado a Cortes por Pontevedra en catro lexislaturas (1839-1846) e por Ribadavia (1846-1847) e senador pola provincia da Coruña (1876-1877). Foi designado ministro de Graza e Xustiza (1847) e de Gobernación (1863-1864), e pertenceu á Real Academia de Ciencias Morales y Políticas, da que foi presidente (1869-1886) e á que representou como senador (1877-1886).

Obras Ensayo sobre la prisión por deudas, 1867 Estudio sobre la propiedad enfitéutica: y las leyes de 20 de agosto y 16 de septiembre de 1873 relativas a la redención de foros y otras cargas territoriales, 1883.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Teófilo Rodríguez Baamonde Ligazóns externas Ficha no Senado Sánchez Bargiela, Rafael (8/5/2010). "Florencio Rodríguez Vaamonde, politico e xurista tudense do século XIX"

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Ministros de España Categoría:Nados en Tui Categoría:Ministros do Interior de España Categoría:Académicos de número da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas