A Liga de Campións da UEFA 1999-2000 foi a edición número 45 na historia desta competición. Disputouse entre xullo de 1999 e maio de 2000, coa participación inicial de 71 equipos, representantes de 47 federacións nacionais diferentes.

A primeira fase de grupos da competición deu comezo en setembro de 1999, con 32 equipos, e a segunda fase de grupos comezou en novembro de 1999 con 16 equipos. O campión final do torneo foi o Real Madrid, que bateu ó Valencia CF por 3 goles a 0. A final disputouse no Stade de France en París o 24 de maio de 2000. Era a 1ª ocasión na que a final da máxima competición continental se disputaba neste recinto, pero a 4ª ocasión na que a final tiña lugar en París tralas finais de 1956, 1975 e 1981. Para o Real Madrid esta vitoria supuxo a súa oitava conquista da máxima competición europea.

Primeira Fase de Grupos Nesta primeira fase de grupos competiron 32 equipos. A metade deles xa estaban clasificados directamente para esta fase polas boas participacións nas súas competicións nacionais na anterior tempada. Os outros 16 equipos participantes nesta primeira fase de grupos tiveron que pasar polas roldas previas de clasificación, (entre 1 e 3 roldas previas segundo o nivel da liga de cada equipo). Algúns dos equipos que tiveron que pasar polas roldas previas foron o Borussia Dortmund, Chelsea FC, PSV Eindhoven e o propio Valencia CF. Esta fase disputouse entre setembro e novembro.

Grupo A Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif SS Lazio146420133+10 Dínamo Kiev76213880 Bayer 04 Leverkusen76141770 NK Maribor46114212-10

Grupo B Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif FC Barcelona146420199+10 ACF Fiorentina9623197+2 Arsenal FC86222990 AIK Solna16015416-12

Grupo C Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif Rosenborg BK116321125+7 Feyenoord8615076+1 Borussia Dortmund6613279-2 Boavista FC56123410-6

Grupo D Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif Manchester United13641194+5 Olympique de Marseille106312108+2 Sturm Graz66204512-7 Dinamo Zagreb56123770

Grupo E Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif Real Madrid136411157+8 FC Porto12640296+3 Olympiakos76213912-3 Molde FK36105614-8

Grupo F Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif Valencia CF12633084+4 Bayern Múnic9623176+1 Rangers FC76213770 PSV Eindhoven46114510-5

Grupo G Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif Sparta Praga126330146+8 FC Girondins de Bordeaux12633074+3 FC Spartak Moscova56123912-3 Willem II26024715-8

Grupo H Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif Chelsea FC116321103+7 Hertha Berlin86222710-3 Galatasaray762131013-3 AC Milan6613267-1

Segunda Fase de Grupos

Grupo A Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif FC Barcelona166510175+12 FC Porto106312880 Sparta Praga56123512-7 Hertha Berlín2602438-5

Grupo B Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif Manchester United13641194+5 Valencia CF10631295+4 ACF Fiorentina8622278-1 Girondins de Bordeaux26024513-8

Grupo C Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif Bayern Múnic136411138+5 Real Madrid1063121112-1 Dynamo de Kíiv106312108+2 Rosenborg BK16015511-6

Grupo D Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif SS Lazio116321104+6 Chelsea FC10631285+3 Feyenoord86222770 Olympique Marsella46114211-9

Eliminatorias

Final 250px|miniatura|esquerda|Aliñacións titulares dos dous equipos na final.

O Valencia CF adestrado por Héctor Cúper presentouse por primeira vez na súa historia nunha final da Liga de Campións da UEFA co papel de favorito despois dunha tempada brillante, gañando a liga española e deixando polo camiño ó FC Barcelona en semifinais e ó Chelsea FC en cuartos. O seu rival era o Real Madrid de Vicente del Bosque, cuns xogadores moito máis experimentados en competicións europeas, pero que viña de rematar 5º na liga.

A final foi dominada polo conxunto madrileño, non tanto na posesión do balón, que foi dun 53% por un 47%, pero si no que atinxe a ocasións de gol, con 11 tiros a porta entre os 3 paus, por 1 só do conxunto valenciano. Fernando Morientes adiantou ó Real Madrid no minuto 39. Steve McManaman puxo o 2-0 no taboleiro no minuto 67, e no minuto 75 Raúl González fixo o 3-0 definitivo.

Véxase tamén Outros artigos Liga de Campións da UEFA UEFA Real Madrid Valencia CF

Categoría:Fútbol en 2000 Categoría:Liga de Campións da UEFA