miniatura|dereita|Lanzamento de disco en Atenas 1896 (Robert Garrett, EUA, medalla de ouro). O lanzamento de disco é unha proba do atletismo actual, onde o obxectivo é lanzar un obxecto pesado de sección circular denominado disco o máis lonxe posible. O disco tírase desde un círculo de 2,50 m de diámetro e debe aterrar dentro dun sector de ángulo de 34° 92'.

Historia Existen rexistros de que esta proba se efectúa polo menos desde o século VI antes de Cristo.

O disco Consérvanse algúns discos antigos e parece ser que non existía nin un peso nin unha medida estándar posto que os discos que se conservan son do máis variado en canto ao seu tamaño e peso que oscila entre os 1,3 e 4 kg, aínda que existe un de 5,707 kg que pode ser que fora un disco votivo sen relación coa competición.Lanzamiento de disco mundoatletismo.com

Zona de lanzamento A zona de lanzamento suponse que era moi distinta á actual, pero non se sabe con absoluta certeza pois téñense de interpretar as referencias que nos chegaron a nós tales como pinturas, estatuas etc. Crese que a zona de lanzamento non era circular como na actualidade, senón que era un espazo limitado lateral e frontalmente,

Técnica de lanzamento Coa técnica tamén hai que deducir como era a partir dos restos que nos chegaron, como o discóbolo de Mirón. Crese que a forma máis común de lanzar o disco era levantando o disco pola fronte para a continuación botar o brazo de lanzamento suxeitando o disco cara a atrás e acompañándoo co resto do corpo. A continuación avanzábase o corpo cara a adiante erguendo e soltando o brazo para efectuar o lanzamento.

Regulamento

dereita|miniatura|Yap Jeng Tzan no momento do lanzamento. A atleta debe iniciar a súa actuación desde unha posición estática. Pode suxeitar o disco como queira e utilizar calquera técnica de lanzamento manual. Deberá abandonar o círculo pola metade traseira unha vez que o disco tocou o chan. Para que sexa válido o lanzamento o disco deberá caer dentro da parte interior das liñas de demarcación do sector de caída. O lanzamento mídese desde a marca máis próxima efectuada polo disco até o bordo interior da circunferencia do círculo. O atleta non pode introducir nada no círculo. Para realizar cada intento o atleta ten un minuto, normalmente cada atleta realiza tres intentos e os oito atletas con mellor marca válida, realizan outros tres intentos en orde inversa á súa mellor marca.

Motivos de lanzamento nulo: Tocar con calquera parte do corpo a parte superior do bordo metálico do círculo ou ben fóra deste. Saír pola parte dianteira do círculo. Saír do círculo antes de que se produza a caída do artefacto. Lanzar o artefacto fóra do sector. Atraso na execución do lanzamento. Saír polo lado do círculo

Características do disco Na categoría absoluta, o peso do disco é de 2 kg para homes e de 1 kg para mulleres. Ten un diámetro de 219 – 221 mm e unha anchura de 44–46 mm na categoría masculina mentres que na feminina ten un diámetro de 180 – 182 mm e unha anchura de 37 – 39 mm. Non obstante, o tamaño e o peso do disco descenden en categorías inferiores de varóns: 1,5 kg para menores (até 17 anos) 1,75 kg para xuvenís (de 18 a 20 anos).

Récords (actualizado o 23 de decembro de 2010) MarcaAtletaPaísLugarData WR Homes 74,08 Jürgen Schult Neubrandenburg 06-06-1986 Mulleres 76,80 Gabriele Reinsch Neubrandenburg 09-07-1988 OR Homes 69,89 Virgilijus Alekna Atenas 23-08-2004Mulleres 72,30 Martina Hellmann Seúl 29-09-1988 ER Homes 74,08 Jürgen Schult Neubrandenburg 06-06-1986 Mulleres 76,80 Gabriele Reinsch Neubrandenburg 09-07-1988 AM Homes 71,32 Ben Plucknett Eugene 04-06-1983Mulleres 70,88 Hilda Ramos A Habana 08-05-1992 AF Homes 70,32 Frantz Kruger Salon-de-Provence 26-05-2002 Mulleres 64,87 Elizna Naude Stellenbosch 02-03-2007 AS Homes 69,32 Ehsan Hadidi Tallinn 03-06-2008Mulleres 71,68 Yanling Xiao Pequín 14-03-1992 OC Homes 65,02 Benn Harradine Salinas (California) 22-05-2008Mulleres 68,72 Daniela Costian Auckland 22-01-1994

Atletas con mellores marcas mundiais (actualizado o 1 de agosto de 2010) Homes Clasificación Marca Atleta País Data Lugar 1. 74,08 Jürgen Schult 6 de xuño de 1986 Neubrandenburg 2. 73,88 Virgilijus Alekna 3 de agosto de 2000 Kaunas 3. 73,38 Gerd Kanter 4 de setembro de 2006 Helsingborg 4. 71,86 Yuriy Dumchev 29 de maio de 1983 Moscova5. 71,70 Robert Fazekas 14 de xullo de 2002 Szombathely 6. 71,50 Lars Riedel 3 de maio de 1997 Wiesbaden 7. 71,32 Ben Plucknett 4 de xuño de 1983 Eugene 871,26 John Powell 9 de xuño de 1984 San José Rickard Bruch 15 de novembro de 1984 Malmö Imrich Bugar 25 de maio de 1985 San José

Mulleres

Clasificación Marca Atleta País Data Lugar 1. 76.80 Gabriele Reinsch 9 de xullo de 1988 Neubrandenburg 2 74,56 Zdenka Silhavá 26 de agosto de 1984 Nitra Ilke Wyludda 23 de xullo de 1989 Neubrandenburg 4. 74,08 Diana Sachse-Gansky 20 de xuño de 1987 Chemnitz5. 73,84 Daniela Costian 30 de abril de 1988 Bucarest 6. 73,36 Irina Meszynski 17 de agosto de 1984 Praga 7. 120 Tsvetanka Khristova 19 de abril de 1987 Kazanlak 9. 73,10 Gisela Beyer 20 de xullo de 1984 Berlín 10. 72,92 Martina Hellmann 20 de agosto de 1997 Potsdam

Campións olímpicos Xogos Ano Atleta País Marca Atenas1896 Homes Robert Garret 29,15Mulleres Non participaron París1900 Homes Rudolf Bauer 36,04Mulleres Non participaron San Luís1904 Homes Martin Sheridan 39,28Mulleres Non participaron Londres1908 Homes Martin Sheridan 40,89Mulleres Non participaron Estocolmo1912 Homes Armas Taipale 45,21Mulleres Non participaron Antuerpen1920 Homes Elmer Niklander 44,69Mulleres Non participaron París1924 Homes Clarence Houser 46,15Mulleres Non participaron Ámsterdan1928 Hombs Clarence Niklander 47,32Mulleres Halina Konopacka 39,62 Os Ánxeles1932 Homes John Anderson 49,49Mulleres Lillian Copeland 40,59 Berlín1936 Homes Kenneth Carpenter 50,49Mulleres Gisela Mauermayer 47,63 Londres1948 Homes Adolfo Consolini 52,78Mulleres Micheline Ostermeyer 41,92 Helsinqui1952 Homes Simeon Iness 55,03Mulleres Nina Romashkova 51,42 Melbourne1956 Homes Al Oerter 56,36Mulleres Olga Fikotová 53,69 Roma1960 Homes Al Oerter 59,18Mulleres Nina Romashkova 55,10 Toquio1964 Homes Al Oerter 61,00Mulleres Tamara Press 57,27 México1968 Homes Al Oerter 64,78Mulleres Lia Manoliu 58,28 Múnic1972 Homes Ludvik Danek 64,40Mulleres Faina Melnik 66,62 Montreal1976 Homes Malcom Maurice Wilkins 67,50Mulleres Evelin Schlaak 69,00 Moscova1980 Homes Viktor Rashchupkin 66,64Mulleres Evelin Jahl 69,96 Os Ánxeles1984 Homes Rolf Dannenberg 66,60Mulleres Ria Stalman 65,36 Seúl1988 Homes Jürgen Schult 68,82Mulleres Martina Hellmann 72,30 Barcelona1992 Homes Romas Ubartas 65,12Mulleres Maritza Martén 70,06 Atlanta1996 Homes Lars Riedel 69,40Mulleres Ilke Wyludda 69,66 Sidney2000 Homes Virgilijus Alekna 69,30Mulleres Ellina Zvereva 68,40 Atenas2004 Homes Virgilijus Alekna 69,89Mulleres Natalya Sadova 67,02 Pequín2008 Homes Gerd Kanter 68,82Mulleres Stepahnie Brown Trafton 64,24

Campións mundiais Sede Ano Atleta País Marca Helsinqui1983 Homes Imrich Bugár 67,72Mulleres Martina Hellmann 68,94 Roma1987 Homes Jürgen Schult 68,74Mulleres Martina Hellmann 71,62 Toquio1991 Homes Lars Riedel 66,20Mulleres Tsvetanka Khristova 71,02 Stuttgart1993 Homes Lars Riedel 67,72Mulleres Olga Burova 67,40 Gotemburgo1995 Homes Lars Riedel 68,76Mulleres Ellina Zvereva 68,64 Atenas1997 Homes Lars Riedel 68,54Mulleres Beatrice Faumuina 66,82 Sevilla1999 Homes Anthony Washintong 69,08Mulleres Franka Dietzsch 68,14 Edmonton2001 Homes Lars Riedel 69,72Mulleres Ellina Zvereva 67,10 París2003 Homes Virgilijus Alekna 69,69Mulleres Irina Yachenko 67,32 Helsinqui2005 Homes Virgilijus Alekna 70,17Mulleres Franka Dietzsch 66,56 Osaka2007 Homes Gerd Kanter 68,94Mulleres Franka Dietzsch 66,61

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina oficial da IAAF

Categoría:Atletismo