John Gates Powell, nado en San Francisco (California) o 25 de xuño de 1947 e finado en Las Vegas o 19 de agosto de 2022, foi un atleta estadounidense, especialista en lanzamento de disco. Foi recordista mundial desta disciplina cando en 1975 atinxiu a marca dos 69.08 metros, aínda que, conseguiu, como a súa mellor marca persoal, o rexistro dos 71.26 metros, en 1984, o que o coloca como o noveno mellor lanzador de disco de todos os tempos.

Traxectoria Powell formou parte en catro ocasións do equipo olímpico estadounidense. Acabou cuarto en 1972, gañou o bronce en 1976, e foi membro do equipo de 1980 que non chegou a competir por mor do boicot olímpico de 1980. Non obstante recibiu unha das 461 medallas de ouro do Congreso creadas especificamente para os deportistas. Posteriormente gañou a medalla de bronce en 1984 nos Ánxeles.

En 2019 foi incluído no National Track and Field Hall of Fame.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de John Powell na IAAF

Categoría:Nados en 1947 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Nados en San Francisco Categoría:Atletas olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Lanzadores de disco Categoría:Medallistas olímpicos en atletismo Categoría:Medallistas olímpicos de bronce polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1976 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1984 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1972 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1976 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1984