O río Aqueronte ou Aquerón (en grego antigo Αχέρων Akhérôn, "temible") é un río está situado no Epiro, rexión noroccidental de Grecia.

Mitoloxía

Aqueronte pode traducirse como "río da traxedia" e críase que era unha bifurcación do río do inframundo Aqueronte, polo que, na mitoloxía grega, Caronte carrexaba as almas dos falecidos até o Hades. Aqueronte era un dos cinco ríos do Inframundo. Cóntase que nas súas augas todo se afundía agás a barca de Caronte, que accedía a pasar as almas dos defuntos a cambio dun óbolo, moeda que se lle poñía aos mortos na boca para pagarlle.O lago chamado Ακηερουσια Acherousia e o río aínda chamado Aquerón coas ruínas próximas do Necromanteion atópanse cerca de Parga no continente fronte a Corfú. Críase que outra bifurcación do Aqueronte emerxía no cabo Acherusian (hoxe chamado Eregli, en Turquía) e foi avistado polos Argonautas segundo Apolonio de Rodas. Os gregos asentados en Italia identificaban o lago no que desembocaba o Aqueronte co lago Averno.

Platón no seu Fedón identificaba a Aqueronte como o segundo maior río do mundo, superado só polo Océano. Afirmaba que o Aqueronte corría en dirección oposta desde o Océano por debaixo da terra baixo lugares desérticos.

No Aqueronte do inframundo desembocaban os ríos Flexetonte e Cocito, considerado este como unha derivación da mesma lagoa Estixia. A palabra úsase tamén ocasionalmente como unha metáfora do propio Hades.

O deus do río, fillo de Océano e Tetis, procreou a Ascálafo con Orfne ou Gorxira, dos ninfas do inframundo.Virxilio vi.107.

No Inferno de A divina comedia de Dante, o río Aquerón constitúe o bordo do inferno, no Ante-Inferno.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Óbolo de Aqueronte Aquerusia

Categoría:Lugares da mitoloxía grega Categoría:Ríos de Europa Categoría:Xeografía de Grecia