miniatura|Castro de Angrois. Angrois é un barrio de Sar, situada ao leste do concello de Santiago de Compostela.
Etimoloxía O topónimo aparece por vez primeira nun documento de 1147 como Angroy, Dieter Kremer propuxo que fora adaptado do termo angrox. A aparición do mesmo termo angrois en francés (co significado de cuña, recuncho e o tecnicismo pequena cuña dentro do ollo do martelo para asegurar a empuñadura), o arredado enclave da aldea e a súa proximidade ó Camiño de Santiago suxire a hipótese dun estranxeirismo importado polos peregrinos galos. Con todo, María Fernández López sostén a tese de Aníbal Otero de que o nome deriva do latín scrobis (foso, burato), relacionando deste xeito Angrois co seu castro, referíndose ao número de fosos defensivos cos que contaba.FERNÁNDEZ LÓPEZ, María Concepción. Engrobia, groba, ect. ¿Angrois? ¿Grobe?: Etimología y toponimia. Reunión Gallega de Estudios Clásicos. Santiago de Compostela, 1981. OTERO ÁLVAREZ, Aníbal. Hipótesis etimológicas referentes al gallego-portugués. En Cuadernos de Estudios Gallegos, 1951.
Por outra banda, na Carta prehistórica de Santiago Angrois vincúlase co nome da etnia dos ambróns.Carta prehistórica de Santiago. Cuadernos de Estudios Gallegos, 1951.
Nos dicionarios toponímicos galegos Angrois non ten significado, pero o nome levou á formación de frases e expresións sobre un presunto pobo imaxinario de persoas rudas. Así, Eladio Rodríguez González, no seu Diccionario enciclopédico gallego-castellano, cita como exemplos as expresións ¿coidas que son de Angrois? (pensas que eu son parvo?), non veño de Angrois (eu non son un inocente), parece que vés de Angrois (o abobado ou falto de comprensión) e seica somos de Angrois, ou que? (tómasme por torpe?), todas elas, curiosamente, amplamente utilizadas na bisbarra de Ribadeo, moi lonxe da aldea de Santiago.RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio. Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Editorial Galaxia, Vigo, 1958-1961. Procura da palabra angrois como lema no Dicionario de Dicionarios da USC
A raíz do comportamento solidario dos veciños de Angrois tralo accidente do Alvia en 2013, amplamente recoñecido polos medios de comunicación social e as institucións "Agora todo o mundo quere ser de Angrois" , en El Correo Gallego, 29.07.2013.Yo quiero ser de Angrois en Cinco días, Ferro Ruibal propuxo un cambio do significado semántico da expresión Ser de Angrois e paralelas, que agora adopta o valor de xente solidaria, xenerosa, comprometida na axuda a quen a necesita Xesús Ferro Ruibal: "Ser/ parecer/ facerse de Angrois. Relación de clase e caducidade fraseolóxica en estereotipos de ignorancia e indiferenza", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 141-182. Accesible en PDF; V. tamén .
Xeografía miniatura|Vista do Val do Ulla dende o monte do Castro. miniatura|190px|Fraga de arboredo autóctono. Angrois é adxacente ás parroquias do Castiñeiriño, Santa Lucía, O Eixo, Marrozos e San Martiño de Aríns. A aldea está encravada no oco do val que atravesa o seu río, do mesmo nome, que se conecta ao de Aríns en Santa Lucía.
A vila está rodeada de montes (Viso, Gaiás, Estivadiña, Penalada, O Castro), dándolle moitos regatos, nacentes, fontes e vexetación. Abundan nas ladeiras fragas de árbores autóctonas (carballos, castiñeiros, bidueiros, ameneiros), esenciais para a subsistencia e economía no pasado. Moitas delas foron substituídas por eucaliptais, máis rendíbeis. A flora está composta principalmente de uzais e toxais, revestindo de amarelo as terras non cultivadas. Estas fragas escondían unha rica fauna (coellos, lebres, teixos, raposos, xabarís etc.) e aínda serven como refuxio para pegas, merlos e parellas de miñatos. Aínda hoxe a caza e a pesca son moi practicadas polos veciños de Angrois.
Ao redor da aldea, aproveitando chairas baixas, o home foi roubando pequenos anacos ao bosque para cultivo, onde aínda sobreviven os campos de millo, patacas e grelos.
Historia miniatura|Colexiata de Santa María a Real do Sar. A orixe de Angrois atópase na prehistoria, como o evidencian os vestixios arqueolóxicos que permanecen no Monte do Castro e nas murallas que foron encontradas en 2008 para a construción do ferrocarril Galicia-Madrid de alta velocidade. O Monte do Castro é un promontorio estratéxico dende o cal se domina todo o val do río Ulla, o Pico Sacro, ao leste, e as chairas onde hoxe está Compostela, ao oeste, polo tanto dotado das características de vixilancia e defensa dos castros galegos. Pouco se sabe sobre estes primeiros colonos, mesmo aínda segue viva entre os estudosos atribuírlles a súa etnia. En calquera caso, foran celtas ou ambróns vivirían a partir dos recursos que a natureza lles prestaba, que, no caso de Angrois, non eran poucos (caza, pesca, recolección de froitos silvestres). miniatura|Angrois, Ruta da Prata O seguinte vestixio de poboación é a calzada romana de Sar, cuxo treito preservado (e restaurado en 2010) vai dende o Camiño Real de Angrois ata a ponte románica de tres arcos que cruza o río Sar, xunto á colexiata de Santa María a Real do Sar. O seu primitivo mosteiro agostiño remóntase ao século XII, no momento da loita contra os musulmáns. A presenza e participación da Orde de Santo Agostiño na promoción da Ruta Xacobea está subliñada e documentada, e este de Sar, o seu primeiro mosteiro galego, tivo encomendada a asistencia aos peregrinos que chegaban a Compostela pola Ruta da Prata, que atravesa Angrois dun lado a outro. Esta ruta, que une a península do sur ao norte, comezou a ser percorrida a partir do Século IX, como forma de fuga ou de peregrinación para os cristiáns que vivían en territorio musulmán (polo que tamén é coñecida co nome de Camiño Mozárabe de Santiago).
O mosteiro agostiño de Sar foi xenerosamente apoiado por doazóns, exencións, privilexios reais e anexións de cenobios rurais, dominando todo o territorio ao leste de Compostela, dende o río Sar ata máis alá do Pico Sacro. Así naceu a vila de Angrois, as súas primeiras casas medievais, ao pé do Camiño de Santiago, onde as persoas reciben a protección do convento a cambio do pago do décimo de todo o que producen e gañan. Os peregrinos, despois da longa marcha, queren catre, pan, sandalias e ferraduras novas para os seus cabalos, polo que a economía da aldea prospera rápido e necesítanse máis terras para sementar trigo e centeo, atopar pastos para o gando e abrir tendas de artesáns.Andrade Cernadas, José Miguel. Monxes e mosteiros na Galicia Medieval. Santiago, 1995. Grazas ao éxito do Camiño Xacobeo e á súa proximidade con Santiago, Angrois desenvolveuse, alcanzando o seu pico entre os séculos XVI e XVIII. A aldea é mencionada no famoso libro de cabalería Amadís de Gaula referíndose á coraxe dos seus habitantes. A finais do século XVIII son datadas (nos escritos preservados e nos linteis esculpidos), algunhas das súas casas de pedra de coidada fábrica de cantaría.
miniatura|Gravado na lumieira, año de 1792. A proximidade á cidade e á Catedral permite aos seus habitantes, totalmente dedicados á agricultura, gandería e artesanía, obter grandes beneficios no mercado de Compostela, necesitado de pan, carne, leite, queixo, patacas, legumes e outros vexetais para alimentar tanto aos peregrinos como aos veciños, que tamén reivindican zocos, saias e ferramentas, cando non carpinteiros, albaneis e bos canteiros.CASTIÑEIRAS, Manuel. Os traballos e os días na Galicia medieval. Santiago, 2011.
As desamortizacións de Madoz e Mendizábal a comezos do século XIX desvinculan Angrois e as súas terras da colexiata do Sar e o clero, sacando as súas propiedades a pública poxa, o que leva á clase campesiña á decadencia e á opresión, dando orixe á chamada obriga, unha peculiar sindicación voluntaria que durou ata o final do século XX.GARCÍA−LOMBARDERO, Jaime. La agricultura y el estancamento económico de Galicia en la España del Antiguo Régimen. Madrid, 1973.Estatutos da Obriga do Río Sar Arriba. Santiago, 1930.
miniatura|190px|Angrois, minifundios. Angrois non foi incluída nos plans de concentración parcelaria, polo que o minifundio seguiu perdurando. A improdutividade económica levou ao abandono e á agonía das leiras ao longo da segunda metade do século XX, así como a conflitos sociais polas extremas das terras. En relación á gandería, a implantación das cotas leiteiras pola Unión Europea foi pechando as cortes. Imperceptiblemente foi producíndose unha transformación social da súa poboación e hábitat, trocando o tractor polo camión de obras, o xugo pola vasoira nunha casa estraña. Só pequenas hortas preto da aldea aínda están a ser traballadas no propio beneficio e para o lecer. Durante as últimas tres décadas Angrois foi, como moitas outras áreas urbanas periféricas, un lugar dormitorio. Con todo, a actual crise económica e o desemprego masivo xerado no sector servizos está provocando un retorno ao pasado.Ley 10/1985, de 14 de agosto, de Concentración Parcelaria para Galicia.
A paisaxe e a orografía de Angrois tamén sufriron cambios e transformacións visibles a partir dos anos cincuenta en diante. Nesa década RENFE constrúe a liña ferroviaria Ourense-Santiago, acceso á estación de Santiago de Compostela, para a que expropia e desmantela terras da aldea separándoa en dúas partes comunicadas só por unha pequena ponte. A finais dos anos setenta constrúese a AP-9 (Autoestrada do Atlántico), principal eixe de comunicación entre o norte e o sur de Galicia. O treito Santiago-norte/Santiago-sur foi aberto en 1988, sendo necesario para a súa construción o levantamento do Viaduto de Angrois, que, cunha lonxitude de aproximadamente un quilómetro, salva e transforma o seu val enteiro. Está planificada a súa expansión para cinco pistas en cada sentido.Viaduto de Angrois no BOE. Estas obras desenvolvéronse o longo do 2018. O 11 de xaneiro de 2001, tras dez anos de construción, foi inaugurada no Monte Gaiás, ao norte de Angrois, a Cidade da Cultura, singular complexo arquitectónico contemporáneo, deseñado polo norteamericano Peter Eisenman que requiriu novas expropiacións de terras e domina a cara norte da paisaxe. No 2018 constrúese ó acceso dende a AP-9 ó complexo. Finalmente, entre 2007 e 2012 son realizadas as obras do tren de alta velocidade Madrid-Galicia, sección de acceso á estación de Santiago de Compostela. O impacto da infraestrutura na aldea de Angrois foi grande, acometéndose a demolición da antiga ponte, casas, terreos, bosques etc. Ao leste, para salvar o cumio de Aríns, construíuse o chamado túnel de Compostela. A aldea estivo case tres anos dividida en dous, ata que Adif, a finais de 2011, abriu a nova ponte sobre a Vía da Prata. As demandas dos veciños e das asociacións de barrio (Sar, Castiñeiriño, Conxo) para soterrar a vía non foron tidas en conta pola administración El Correo Gallego, Angrois (hemeroteca); La Voz de Galicia, Angrois (hemeroteca)., polo que lonxe de ser unha mellora para Angrois, a nova liña ferroviaria ocasionou unha considerable deterioración estrutural, especialmente nas súas estradas, e social, xa que divide a aldea en dúas áreas remotas separadas por un declive de profundidade.CASTAÑO, Isidoro. El AVE en Angrois.- El Correo Gallego, 25/01/2010. AVE carroñera.- El Correo Gallego, 08/06/2009. Expropiados del AVE.- El Correo Gallego, 24/07/2009. Angrois necesita arreglos.- La Voz de Galicia, 22 de xaneiro de 2010. El AVE corre demasiado. - La Voz de Galicia, decembro de 2011. O 12 de outono de 2012 constituíuse a "Asociación de Veciños de Angrois"Estatutos da Asociación de Veciños de Angrois. Rexistro de Asociacións Xunta de Galicia, 2012.
Accidente ferroviario