O dos artrópodos (Arthropoda, do grego ἄρθρον, árthron, «articulación» e πούς, poús, «pé») é un filo de animais caracterizados por teren un exoesqueleto (esqueleto externo), o corpo segmentado e provisto de apéndices articulados.

Constitúen o filo máis numeroso e diversificado do reino animal, e inclúe, entre outros, aos insectos, arácnidos, crustáceos e miriápodos. Coñécense case 1 200 000 especies descritas, a súa maioría insectos (un millón),Chapman, A. D. (2009): Numbers of Living Species in Australia and the World, 2nd edition. Australian Biodiversity Information Services. ISBN 978-0-642-56861-8R. C. Brusca e G. J. Brusca (2003): Invertebrates. Sunderland, Massachusetts (EE.UU.): Sinauer Associates. Extracto (Tradución para o castelán en 2005, Véxase "Bibliografía"). que representan polo menos o 80 % de todas as especies animais coñecidas.

Varios grupos de artrópodos están perfectamente adaptados á vida no aire, igual que os vertebrados amniotas, e a diferenza de todos os demais filos de animais, que son acuáticos ou requiren ambientes húmidos.

A súa anatomía, a súa fisioloxía e o seu comportamento revelan un deseño simple pero admirabelmente eficaz. Os artrópodos existen en todos os ambientes da terra: no mar, na auga doce, no medio terrestre e no aire. Existen tamén moitas formas parasitas e simbióticas.

Etimoloxía O termo artrópodosprovén do grego ἄρθρον (árthron) que quere dicir articulación, e πούς (poús) (xenitivo de ποδός podós) que quere dicir pé ou perna, que xuntos significan "articulación da perna". A palabra foi empregada nun principio nas descricións anatómicas de Barthélemy Charles Joseph Dumortier publicada en 1832. A designación "Arthropoda" parece que foi empregada por primeira vez en 1843 polo zoólogo alemán Johann Ludwig Christian Gravenhorst (1777–1857). A orixe do nome foi obxecto de considerable confusión, e atribúeselle a miúdo erroneamente a Pierre André Latreille ou Karl Theodor Ernst von Siebold, entre outros.

Os artrópodos terrestres adoitan chamarse bichos. O termo tamén se estende ocasionalmente a nomes coloquiais de crustáceos de auga doce ou mariños (por exemplo, Ibacus peronii, Thenus, cangrexo de río) e é usado por médicos e bacteriólogos para xermes que causan enfermidades (por exemplo, superbacterias), pero os entomólogos reservan este termo para unha categoría restrinxida de "chinches verdadeiras", insectos da orde Hemiptera.

Orixe Pode ser que os primeiros artrópodos foran similares aos seus presuntos antecesores, os anélidos. O seu corpo era longo e brando, e tiña moitos segmentos ou metámeros, todos eles moi similares entre si e equipados cun par de patas. Posteriormente a superficie do corpo endureceuse até formar un esqueleto externo ou cutícula constituído por quitina, proteínas, lípidos e sales de calcio.

Hai rexistros fósiles de artrópodos desde o período cámbrico.

Pénsase que as formas Parvacornia e Spriggina da fauna de Ediacara, de hai uns 555 millóns de anos, eran artrópodos.

Pequenos artrópodos con cunchas semellantes ás dos bivalvos encontráronse en xacementos de fósiles do cámbrico temperán, de 541 a 539 millóns de anos de antigüidade, na China.

Os primeiros fósiles de trilobites cámbricos datan duns 530 millóns de anos, pero a clase xa estaba bastante diversificada en todo o mundo, o que suxire que xa existira durante algún tempo antes. A revisión nos anos 1970 dos fósiles dos xistos de Burgess de hai cerca de 505 millóns de anos permitiron identificar numerosos artrópodos, algúns dos cales non se poderían asignar a ningún dos grupos coñecidos, o que intensificou o debate acerca da explosión cámbrica.Whittington, H. B. (1971): "Redescription of Marrella splendens (Trilobitoidea) from the Burgess Shale, Middle Cambrian, British Columbia", Geological Survey of Canada Bulletin 209: 1–24.

Os fósiles máis antigos de crustáceos datan de hai aproximadamente 513 millóns de anos, no cámbrico.Budd, G. E.; Butterfield, N. J. e Jensen, S. (decembro de 2001): "Crustaceans and the "Cambrian Explosion″", Science 294 (5549): 2047. O arácnido máis antigo coñecido é Palaeotarbus jerami, de hai sobre uns 420 millóns de anos, no silúrico.Dunlop, J. A. (setembro de 1996): "A trigonotarbid arachnid from the Upper Silurian of Shropshire", Palaeontology 39 (3): 605–614, PDF . E o máis antigo insecto fósil é Rhyniognatha hirsti, do Devoniano, datado entre 396 e 407 millóns de anos, pero as súas mandíbulas son dun tipo que se encontra só en insectos alados, o que suxire que os primeiros insectos apareceron no período silúrico.Engel, M. S. e Grimaldi, D. A. (febreiro de 2004): "New light shed on the oldest insect", Nature 427 (6975): 627–630.

Características xerais

Nota: para as características particulares de cada orde, véxanse os artigos correspondentes. Os artrópodos constitúen unha das grandes divisións do reino animal, subdividida á súa vez en diversas clases, algunhas das cales contan con gran número de xéneros e especies. Denomínanse así por estaren provistos de patas articuladas. Pero en realidade non son só as patas, senón todo o corpo o que está formado por varios segmentos unidos entre si por medio de articulacións, así como os sertmentos dos apéndices.

A pesar da súa variedade e disparidade, os artrópodos posúen en común características morfolóxicas e fisiolóxicas comúns fundamentais: Presenza de apéndices articulados que mostran unha plasticidade evolutiva enorme e que deron lugar ás estruturas máis diversas (patas, antenas), branquias, pulmóns, mandíbulas, quelíceros etc. Presenza dun esqueleto externo quitinoso que mudan periodicamente. Dado que diversos filos pseudocelomados tamén mudan a cutícula, algúns autores relacionan os artrópodos cos nematodos e grupos afíns, nun clado chamado ecdisozoos,Zrzavý, J.; Mihulka, S.; Kepka, P.; Bezdék, A. & Tietz, D. (1998): "Phylogeny of Metazoa based on morphological and 18S ribosomal DNA evidence". Cladistics, 14 (3): 249-285. que é un dos maiores grupos do reino animal, xa que inclúe, ademais, a nematodos, nematomorfos, tardígrados, onicóforos, loricíferos, priapúlidos e cefalorrincos. Corpo constituído por segmentos repetitivos, fenómeno coñecido como metamería, co que o corpo aparece construído por módulos repetidos ao longo do eixe anteroposterior. A segmentación vai acompañada de rexionalización ou tagmatización, con división do corpo en dúas ou tres rexións na maioría dos casos. Por este carácter relacionáronse tradicionalmente cos anélidos que tamén son animais metamerizados;Nielsen, C. (1985): "Animal phylogeny in the light of the trochaea theory". Biol. J. Linnean Soc., 25: 243-299.Nielsen, C., Scharff, N. & Eibye-Jacobsen, D. (1996): "Cladistic analyses of the animal kingdom". Biol. J. Linnean Soc., 57: 385-410. pero os defensores do clado dos ecdisozoos argumentan que é un caso de converxencia evolutiva.

Anatomía dos artrópodos miniatura|250px|Comparación da anatomía dunha chinche (insecto) e dunha araña (arácnido).

Os artrópodos teñen o corpo segmentado (2), envolvido nun exosqueleto quitinoso, con varios apéndices articulados (1). Os apéndices están especializados para a alimentación, para a percepción sensorial, para defensa e para a locomoción. Son estas "patas articuladas" as que dan o nome ao filo e as que o separan dos filos máis próximos, os onicóforos e os tardígrados.

Os segmentos poden estaren agrupados en rexións do corpo, denominadas tagmas, tipicamente: cabeza, tórax, e abdome

Porén, en varios grupos, como os cangrexos, arañas, escorpións e lagostas, a cabeza e o tórax están unidos, formando o chamado cefalotórax protexido por unha peza única da casca, o cacho. Nos quelicerados, o corpo está dividido en prosoma e opistosoma.

O primeiro segmento da cabeza é denominado acron, e normalmente leva os ollos, que poden ser simples ou compostos. O último segmento do abdome (3) remata no telson. Cada segmento contén, polo menos primitivamente, un par de apéndices.

Fisioloxía dos artrópodos Os artrópodos respiran por un sistema de traqueas, túbulos que abren ao exterior a través de poros ou pequenos orificios na cutícula denominados espiráculos, que se estenden por todo o corpo facilitando o intercambio de gases. Os artrópodos acuáticos teñen branquias ligadas ao sistema de traqueas.

O sistema circulatorio dos artrópodos consiste nun conxunto de corazóns que se dispoñen ao longo do corpo e que bombean a hemolinfa (o "sangue" destes animais, que moitas veces non contén hemoglobina, que contén ferro, senón hemocianina, que contén cobre), e que se acha bañando os tecidos.

Os artrópodos son protóstomos, e posúen un celoma reducido a un espazo ao redor dos órganos da reprodución e da excreción.

Reprodución e desenvolvemento

200px|miniatura|Femia do Compsobuthus werneri con crías (de cor branca). 200px|miniatura|Larva dun peneido. Uns poucos artrópodos, como os cirrípedes, son hermafroditas, isto é, cada individuo pode ter os órganos de ambos sexos. Porén, os individuos da maioría das especies permanecen nun único sexo toda a súa vida. Unhas poucas especies de insectos e crustáceos poden reproducirse por partenoxénese, especialmente se as condicións favorecen unha "explosión demográfica". Así a todo, moitos artrópodos confían na reprodución sexual, e as especies partenoxenética reverten á reprodución sexual cando as condicións se tornan menos favorables. Os artrópodos acuáticos poden reproducirse mediante fecundación externa como, por exemplo, fan as ras; ou por fecundación interna, na que o óvulo permanece no corpo da femia e o esperma debe ser introducido dalgunha maneira. Todos os artrópodos terrestres coñecidos usan a fecundación interna. Os opilións, os diplópodos, e algúns crustáceos usan apéndices modificados como gonópodos ou penes para transferir o esperma directamente á femia. Non obstante, moitos machos de artrópodos terrestres producen espermatóforos, bolsas de esperma impermeables, que as femias toman dentro dos seus corpos. Unhas poucas especies confían nas femias para atopar espermatóforos que previamente foron depositados no chan, pero en moitos casos os machos só depositan espermatóforos cando parecen ter éxito rituais complexos de cortexo.

A maioría dos artrópodos poñen ovos, mais os escorpións son ovovíparos: nacen as crías despois de que os ovos foron incubados dentro da nai, e son obxecto dun prolongado coidado materno Os artrópodos que acaban de nacer teñen diversas formas, só os insectos abranguen un amplo rango de formas extremas. Algunha crías que acaban de saír da casca do ovo aparentan adultos en miniatura (desenvolvemento directo), e noutros casos, coma no peixiño de prata, as crías non se alimentan e poden estar desamparados ata despois da súa primeira muda. Moitas crías de insecto, coma as larvas dos coleópteros ou as eirugas, que non teñen membros segmentados ou cutículas endurecidas, metamorfosean en formas adultas entrando nunha fase inactiva na que rompen os tecidos larvais e se reutilizan para construír o corpo adulto. A larva da libélula ten as cutículas típicas e os membros articulados dos artrópodos pero teñen branquias que lles permiten a respiración acuática e mandíbulas extensibles. As crías dos crustáceos nacen comunmente como as delgadas larvas dos peneidos con só tres segmentos e pares de apéndices.

Filoxenia dos artrópodos

Durante moitas décadas, as relacións filoxenéticas dos celomados baseáronse na concepción dos articulados de Cuvier,Cuvier, G. (1812): "Sur un nouveau repprochement à establir entre les classes qui composant le Règne Animal". Ann. Mus. Hist., 19: 73-84. un clado formado por anélidos e artrópodos. Numerosas análises morfolóxicas modernas baseados en principios cladísticos corroboraron a existencia do clado Articulata, por exemplo, Brusca & Brusca, Nielsen ou Nielsen et al., entre outros.