O termo linguas aborixes de Australia designa un conxunto de linguas faladas nunha extensión xeográfica determinada e non a unha familia lingüística propiamente dita, xa que se refire ó conxunto de idiomas autóctonos (arredor dunhas 200 linguas) que son faladas en Australia e pequenas illas adxacentes polos aborixes australianos e que se poden agrupar en diversas familias.
Situación Case todas estas linguas atópanse ameazadas por procesos de extinción, que se iniciaron cando o inglés comezou a imporse como idioma de comunicación xeneralizado. Para facerse unha idea do precaria que é a súa situación chega con dicir que tan só 5 ou 6 destas linguas contan con máis de 1000 falantes e que practicamente a metade non son faladas por máis de 10 ou 20 persoas. Cada ano, un número importante e crecente de linguas aborixes pasa á listaxe de linguas extintas. Segundo os datos do ano 2008, quedaban vivas 220 linguas das que 25 contaban cunha única persoa falante.
Clasificación 250px|miniatura|Mapa das linguas en diferentes cores que representan as distintas familias lingüísticas: Tradicionalmente, as linguas australianas téñense clasificado nunha ducia de familias e unhas poucas linguas illadas. A familia lingüística de maior distribución é a das linguas pama-nyunganas que se estenden por case todo o territorio australiano agás no norte. Por este motivo e para facer unha clasificación máis sinxela e cómoda, o resto das linguas agrúpanse baixo o termo de linguas non pama-nyunganas.
Véxase tamén Outros artigos Aborixes australianos Lista de linguas aborixes de Australia Lista dos pobos indíxenas de Australia Linguas de sinais aborixes de Australia