Víctor Manuel Fraiz Villanueva, nado na Bandeira (Silleda) o 26 de marzo de 1887 e finado en Vigo o 14 de setembro de 1937, foi un mestre e sindicalista galego.
Traxectoria miniatura|300px|Víctor Fraiz cos exploradores de Ponte Caldelas, retrato en Vida Gallega, 1935. Fillo do mestre Salustiano Fraiz Andón e de Manuela Villanueva Mosquera e sobriño do tamén mestre Vicente Fraiz Andón. Pasou unha larga tempada en Cuba co seu tío, e ao regreso a Galicia estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela. Exerceu como mestre nas escolas de Ponte Caldelas, onde fundou e dirixiu o periódico El Heraldo de Puente-Caldelas e organizou os exploradores, Vilaza (Gondomar) e Coia.
Membro do PCE, foi secretario fundador de FETE-UGT. Dirixiu a revista Nueva Galicia de Vigo (1927) e colaborou en publicacións como Escuela Vivida, Escuela del Trabajo de Ourense e El Pueblo Gallego. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 tivo que fuxir ao monte, e pasou a Portugal. En represalia detiveron o seu fillo Víctor, e internárono no campo de concentración de San Simón, pero foi finalmente asasinado en novembro de 1936. Os seus fillos Vicente e Ramón tamén foron detidos. Victor Fraiz decidiu entregarse a cambio de que os liberaran e dun xuízo xusto. Pero foi encarcerado e xulgado en Vigo por rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi executado no monte do Castro o 14 de setembro de 1937.
Obras Manual del turista. Guía de Vigo, 1926.
Vida persoal Casou con Placeres Castellanos Pan, coa que tivo sete fillos: Milagros, Salustiano, Consuelo, Víctor, Vicente, Ramón e Manuel.
Recoñecementos O acceso ao CEIP da Bandeira pasou a chamarse Rúa Víctor Fraiz Villanueva no 2009.El callejero de Silleda modifica el nombre de 10 rúas y bautiza a otras 6 en Faro de Vigo (26/9/2009) (Consultado o 23/11/2016).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Víctor Fraiz: mestre renovador, líder do PC, fusilado en 1936
Categoría:Pedagogos de Galicia Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Silleda Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Sindicalistas de Galicia