A papeleira de Pontevedra é un complexo industrial situado na parroquia de Lourizán, xunto á ría de Pontevedra. Está formado pola fábrica da empresa Ence.

Situación O complexo está situado a medio camiño entre a cidade de Pontevedra e Marín, e ocupa unha zona de alto valor ecolóxico: está entre un importante banco marisqueiro e a Escola de Capataces Forestais e CIF (Centro de Investigacións Forestais) de Lourizán, dependente do CSIC e que data de principios do século XX. Factoría de Ence.|miniatura

Historia A decisión técnica e o acordo político de situar a fábrica na ría tomáronse entre finais de 1955 e comezos de 1956. O gobernador civil, Rafael Fernández Martínez, deu unha rolda de prensa o 13 de xuño de 1955, confirmando a instalación da fábrica en Lourizán. Presidencia do Goberno publicou o decreto de constitución da empresa no Boletín Oficial del Estado o 20 de novembro do mesmo ano, inda que a formalización da Empresa Nacional de Celulosas de Pontevedra adiouse ata o 4 de abril de 1957. O enxeñeiro finlandés Kaarlo Amperla visitou a zona en xaneiro de 1956 e fixo un informe favorable. Dous meses despois, o 26 de marzo de 1956, Ricardo López Molero, enxeñeiro xefe do Ministerio de Obras Públicas cuxo titular era Fernando Suárez de Tangil, asina unha circular sobre a ocupación do terreo por parte do Instituto Nacional de Industria (INI), presidido por Juan Antonio Suances, para a instalación dunha fábrica de pasta de celulosas kraft. Francisco Franco inaugurouna o 13 de setembro de 1963. (2015): Filgueira Valverde. Crónica de una alcaldía (1959-1968), 352 pp., Concello de Pontevedra e Faro de Vigo, D.L.: PO 314-2015.

Características A fábrica de pasta de papel de celulosa da empresa Ence (Empresa Nacional de Celulosas) produce pasta que é enviada a outras fábricas para ser tratada e fabricar o produto final, se ben é o proceso de fabricación da pasta o que máis afecta ó medio ambiente.

A fábrica é obxecto de polémica. Ó longo dos anos foi medrando a contestación social na cidade, que sufría diariamente os malos cheiros derivados da emisión de mercaptanos, chegándose a crear a Asociación Pola Defensa da Ría. Co tempo demostrouse a concentración de metais pesados no produto do marisqueo do esteiro do río Lérez (grazas probablemente tamén á contribución de Tafisa) e comezaron as accións legais, aínda en curso..

No complexo industrial estivo a industria electroquímica da empresa Elnosa. Abastecía de cloro e outros produtos químicos á planta de pasta de papel, mais pechou definitivamente en 2020.

Na actualidade, dentro do recinto da factoría hai unha depuradora, pero semella que segue habendo problemas co emisor submarino.

Outras papeleiras (por exemplo a de Brandía, na Barcia, preto de Laraño, Santiago de Compostela) causaron menor polémica social debido ó seu menor tamaño e ó maior respecto co medio natural.

Notas

Véxase tamén Bibliografía (2015): "La llegada de Celulosas a Lourizán", pp. 158–168 en Filgueira Valverde. Crónica de una alcaldía (1959-1968), 352 pp., Concello de Pontevedra e Faro de Vigo, D.L.: PO 314-2015 . Ligazóns externas Encepontevedra.com

Categoría:Contaminación Categoría:Arquitectura civil en Pontevedra Categoría:Industria de Galicia Categoría:Industria do papel Categoría:Fábricas