Pierre Culliford, "Peyo", nado en Bruxelas o 26 de xuño de 1928 e finado o 24 de decembro de 1992, foi un debuxante Belga.

Traxectoria Empezou os seus estudos na academia belga de Belas Artes, abandonándoa ó cabo duns meses. Logo empezou a traballar nun estudio de animación, onde coñecería a autores como Morris e Franquin. Máis tarde traballou para axencias de publicidade, ata que creou ó seu primeiro personaxe, Johan, ó que pronto lle buscou un compañeiro, pasando a ser a serie de Johan e Pirluit. En 1958 aparece o álbum A frauta de seis buratos, no que aparecían por primeira vez os pitufos, como personaxes secundarios.

O éxito instantáneo dos pitufos, e o traballo de Peyo nas súas versións de animación, merchandising etc. obrigaron co tempo a Peyo a abandonar os seus outros personaxes, ata o punto de chegar a dicir que se sentía "prisioneiro" deles.

En 1992 morreu dun ataque ó corazón.

Obra Personaxes creados por Peyo: Os pitufos (Schtroumpfs / Smurfs) Johan e Pirluit O gato Pusy Bieito Fendeferro Jacky e Celestin

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial dos pitufos (en inglés) Bibliografía completa (en francés)

Categoría:Personalidades da banda deseñada Categoría:Nados en 1928 Categoría:Nados en Bruxelas Categoría:Finados en 1992