Manuel Vicente Alonso, nado en Estás (Tomiño) en 1875, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria Comerciante establecido no Cotro. Secretario de La Aurora del Porvenir na ditadura de Primo de Rivera.El Pueblo Gallego, 25-9-1924, p. 4. De filiación agraria, coa proclamación de República foi elixido concelleiro de Tomiño.El Pueblo Gallego, 6-1-1932, p. 11. Foi nomeado alcalde de Tomiño en setembro de 1934.El Pueblo Gallego, 18-9-1934, p. 15. Foi cesado como alcalde a finais de outubro de 1934.El Pueblo Gallego, 30-10-1934, p. 13. O 6 de outubro de 1935 foi nomeado presidente do Padroado da Fundación Peirópolis de Estás instituída por Abdón Alonso Alonso.El Pueblo Gallego, 10-10-1935, p. 13. Foi reposto como alcalde logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións xerais de febreiro de 1936.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi detido polos sublevados. Xulgado en Vigo por adhesión á rebelión, foi condenado á pena de morte. Foille conmutada a pena pola de cadea perpetua. Foi destituído do Padroado da Fundación Peirópolis polas autoridades franquistas en xaneiro de 1938.El Pueblo Gallego, 1-2-1938, p. 9. Sufriu expediente de responsabilidades políticas resultando cunha sanción económica.El Pueblo Gallego, 29-12-1940, p. 5.
Notas
Categoría:Alcaldes de Tomiño Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República
Categoría:Nados en Tomiño Categoría:Nados en 1875 Categoría:Finados no século XX Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en ano descoñecido