Ran (en ) é un filme xaponés dirixido por Akira Kurosawa que se estreou en 1985. Estreouse en galego na TVG o 22 de xaneiro de 1991.

Sinopse No Xapón medieval, o poderoso señor Hidetora decide abdicar e repartir os seus dominios entre os seus tres fillos. O menor considera que a idea é unha parvada e só servirá para causar problemas. O seu pai, anoxado, deshérdao. Axiña descubrirá o seu erro: a ambición fará que os seus fillos maiores se enfronten polo poder nunha cruel guerra.

Galardóns e nomeamentos 1985: Oscar: Mellor vestiario. Nomeada a Director, Fotografía e Dirección artística. 1985: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor filme estranxeiro. 1986: 2 premios BAFTA: Filme estranxeiro, Maquillaxe. 4 nomeamentos. 1986: 2 nomeamentos ó César: Filme estranxeiro e Póster. 1985: Premios David di Donatello: Mellor director estranxeiro.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 1985 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Akira Kurosawa Categoría:Filmes de Orion Pictures Categoría:Filmes de samurais Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes de 1985 con versión en galego