A bandeira das Bahamas está formada por tres franxas horizontais de igual anchura, de cor turquesa a superior e a inferior, e amarela a central. Na parte interior, a bandeira conta cun triángulo equilátero negro coa base ó longo do mastro, apuntando cara á franxa exterior. Foi adoptada o 10 de xullo de 1973.

A cor amarela representa as areas douradas do arquipélago xunto ó mar de cor turquesa. O triángulo negro representa o pobo bahamés.

Outras bandeiras

Véxase tamén Ligazóns externas Bandeira das Bahamas en Flags of the World

Categoría:Símbolos das Bahamas Categoría:Bandeiras de estados soberanos Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras introducidas en 1973