A isomería é unha propiedade de certos compostos químicos que teñen igual fórmula molecular (fórmula química non desenvolvida), é dicir, iguais proporcións relativas dos átomos que conforman a súa molécula, pero presentan estruturas moleculares distintas e, por tanto, diferentes propiedades. Ditos compostos reciben o nome de isómeros. Por tanto, os isómeros son compostos que teñen a mesma fórmula molecular pero diferente fórmula estrutural e propiedades. Por exemplo, o alcohol etílico ou etanol e o éter dimetílico son isómeros, ambos os dous coa fórmula C2H6O. miniatura|dereita|400px|Clasificación dos isómeros en química orgánica. Aínda que este fenómeno é moi frecuente en química orgánica, non é exclusivo desta porque tamén a presentan algúns compostos inorgánicos, como os compostos dos metais de transición.

Isomería en Química orgánica Hai dous tipos básicos de isomería: plana e espacial.Química: Teoría y problemas. José Antonio García Pérez e outros. Ed. Tébar Flores. Albacete, 1996. ISBN 8473601559. Páxinas 253 e ss.

Isomería constitucional ou estrutural

Forma de isomería na que moléculas coa mesma fórmula molecular teñen unha diferente distribución dos enlaces entre os seus átomos, ao contrario do que ocorre na estereoisomería.

Debido a isto poden presentarse tres diferentes modos de isomería:

• Isomería de cadea ou esqueleto.- Os isómeros deste tipo teñen compoñentes da cadea acomodados en diferentes lugares, é dicir as cadeas carbonadas son diferentes, presentan distinto esqueleto ou estrutura.

Un exemplo é o pentano, do cal, existen moitos isómeros, pero os máis coñecidos son o isopentano e o neopentano. Ficheiro:Pentane isomers.PNG

• Isomería de posición.- É a daqueles compostos nos que os seus grupos funcionais ou os seus grupos substituíntes están unidos en diferentes posicións.

Un exemplo simple deste tipo de isomería é a do pentanol, na que existen tres isómeros de posición: pentan-1-ol, pentan-2-ol e pentan-3-ol.

• Isomería de grupo funcional.- Aquí, a diferente conectividade dos átomos, pode xerar diferentes grupos funcionais na cadea. Un exemplo é o ciclohexano e o 1-hexeno, que teñen a mesma fórmula molecular (C6H12), mais o ciclohexano é un alcano cíclico ou cicloalcano e o 1-hexeno é un alqueno. Hai varios exemplos de isomería como a de ionización, coordinación, enlace, xeometría e óptica.

Isomería de cadea ou ordenación

Varía a disposición dos átomos de C na cadea ou esqueleto carbonado, é dicir, a estrutura deste, que pode ser lineal ou ter distintas ramificacións.

Por exemplo o C4H10 corresponde tanto ao butano como ao metilpropano (isobutano ou terc-butano):

150px|Cadea liñal de 4 átomos de C. 125px|Cadea ramificada. Butanon-butano Metilpropanoiso-butano ou terc-butano.

Para a fórmula C5H12, temos tres posibles isómeros de cadea: pentano, metilbutano (isopentano) e dimetilpropano (neopentano). O número de isómeros de cadea crece rapidamente ao aumentar o número de átomos de carbono.

Isomería de posición Preséntana aqueles compostos que posúen o mesmo esqueleto carbonado pero nos que o grupo funcional ou o substituínte ocupa diferente posición.

Por exemplo, a fórmula molecular C4H10O pode corresponder a dúas substancias isómeras que se diferencian na posición do grupo OH: o 1-butanol e o 2-butanol.

CH3-CH2-CH2-CH2OH CH3-CH2-CHOH-CH3 1-butanol, Butan-1-ol ou n-butanol 2-butanol, Butan-2-ol ou sec-butanol 200px 200px

Este tipo de isomería prodúcese debido á posibilidade de colocar grupos funcionais, cadeas laterais ou átomos substituíntes en posicións estruturalmente non equivalentes. Supoñamos que substituímos un dos átomos de hidróxeno do butano, CH3-CH2-CH2-CH3, por un grupo hidroxilo. Numerando os carbonos da cadea do butano e realizando esta substitución no carbono extremo (C1), obtemos un alcohol chamado butan-1-ol (1-butanol). Se substituímos un hidróxeno do C2 polo grupo OH, obtemos o alcohol isómero butan-2-ol (2-butanol), que difire na posición do grupo hidroxilo. Porén, nótese que en caso de realizarmos a substitución no C3, non se obtería un terceiro isómero, senón de novo o 2-butanol. As dúas representacións que se indican para o 2-butanol son estruturalmente idénticas, como se pode ver xirando a súa estrutura 180º arredor dun eixe.

Isomería de compensación ou por compensación Ás veces chámase isomería de compensación ou metamería a que presentan aqueles compostos nos cales unha función corta a cadea carbonada en porcións de lonxitudes diferentes.Química general. M. Garric. Editorial Reverté, 1979. ISBN 8429171770. Páxina 170

Por exemplo tres metámeros de fórmula molecular C402H8 son:

HCOO-CH2-CH2-CH3 CH3-COO-CH2-CH3 CH3-CH2-COO-CH3 Metanoato de propilo Etanoato de etilo Propanoato de metilo

Este tipo de isomería era máis usado no pasado do que na actualidade. Aplicábase mesmo a aldehidos-cetonas,Curso de química biológica. Venancio Deulofeu, Agustín Domingo Marenzi. Editorial El Ateneo, 1946. Páxina 34 que hoxe adoitan considerarse isómeros de función.

Isomería de función Varía o grupo funcional, conservando o esqueleto carbonado.

Por exemplo o C3H6O pode corresponder á molécula de propanal (función aldehido) ou á propanona (función cetona).

CH3-CH2-CH0 CH3-CO-CH3. Propanal (función aldehido) Propanona (función cetona)

Esta isomería preséntana certos grupos de compostos relacionados como: os alcohois e éteres, os ácidos e ésteres, e tamén os aldehidos e cetonas.

Tautomería

É un tipo especial de isomería na que existe transposición dun átomo entre as dúas estruturas, xeralmente hidróxeno, e existe ademais un doado equilibrio entre ambas as formas tautómeras.Química orgánica. Robert Thornton Morrison, Robert Neilson Boyd. 5ª ed., Editorial Pearson Educación, 1998. ISBN 9684443404. Páxina 421

Un exemplo desta isomería é a tautomería ceto-enólica na que existe equilibrio entre un composto con grupo OH unido a un dos átomos de carbono dun dobre enlace C=C, e un composto co grupo carbonilo intermedio, C=O típico das cetonas, con transposición dun átomo de hidróxeno.

270px| Tautomería ceto-enólica.

Isomería espacial ou estereoisomería

Presentan estereoisomería aqueles compostos que teñen fórmulas moleculares idénticas e os seus átomos presentan a mesma distribución (a mesma forma da cadea; os mesmos grupos funcionais e substituíntes; situados na mesma posición), mais a súa disposición no espazo é distinta, polo que difiren na orientación espacial dos seus átomos.

Os isómeros teñen igual forma no plano. Cómpre representalos no espazo para visualizar as diferenzas. Pode ser de dous tipos: isomería conformacional e isomería configuracional, segundo que os isómeros se poidan converter un noutro por simple rotación de enlaces simples, ou non.

Outra clasificación divídeos en enantiómeros (son imaxes especulares) e diastereoisómeros (non son imaxes especulares). Entre os diastereoisómeros atópanse os isómeros cis-trans (antes coñecidos como isómeros xeométricos), os confórmeros ou isómeros conformacionais e, nas moléculas con varios centros quirais, os isómeros que pertencen a distintas parellas de enantiómeros. Os diastereoisómeros que difiren na configuración dun só carbono asimétrico reciben o nome de epímeros, como por exemplo a D-glicosa e a D-manosa, que son epímeros no carbono 2.

Isomería conformacional

Neste tipo de isómeros conformacionais Título: Fundamentos de química orgánica. Carl David Gutsche. Editorial Reverté, 1979. ISBN 8429174753. Páxina 67 ou confórmeros, a conversión dunha forma noutra é posible porque a rotación arredor do eixe do enlace formado polos átomos de carbono é máis ou menos libre (ver animación á dereita). Por iso tamén reciben o nome de rotámeros. Se os grupos son voluminosos podería haber impedimento estérico e non ser tan doada a interconversión entre rotámeros.

Os isómeros conformacionais xeralmente non son separables ou illables, debido á facilidade de interconversión aínda a temperaturas relativamente baixas. A rama da estereoquímica que estuda os isómeros conformacionais que si poden ser illables (a maioría son derivados do bifenilo) chámase atropisomería.

Estas formas recoñécense ben se utilizamos a proxección de Newman, como se aprecia nos debuxos da esquerda. Reciben nomes como sinclinal (ás veces, gauche), anticlinal (anti ou trans), sinperiplanar e antiperiplanar.

centro|200px centro|200px Proxeccións de Newmann para a molécula de etano. Formas eclipsada e alternada. Distintas conformacións do etano segundo a rotación arredor do eixe que forman os dous átomos de carbono. Obsérvanse formas eclipsadas ou formas en chanzos.

Outro tipo de isómeros conformacionais dáse en compostos con ciclos hexagonais,como o ciclohexano, onde son factibles a conformación en forma de cadeira e a conformación en forma de bote.

Isomería configuracional Nesta isomería non abonda cunha simple rotación para converter unha forma noutra e aínda que a disposición espacial é a mesma, os isómeros non son interconvertibles. Divídese en: isomería xeométrica ou cis-trans, e isomería óptica. Os isómeros configuracionais son illables, xa que cómpre unha gran cantidade de enerxía para interconvertelos (requírese enerxía para a rotura de enlaces),

Isomería xeométrica ou cis-trans

miniatura|200px|centro|Formas cis e trans en compostos con dobre enlace C=C, ou con dobre enlace N=N Prodúcese cando hai dous carbonos unidos con dobre enlace que teñen as outras valencias cos mesmos substituíntes (dous pares) ou con dous iguais e un distinto IUPAC Gold Book cis trans. Definición da IUPAC de cis trans.

É característica dos enlaces dobres e non se presenta isomería xeométrica ligada aos enlaces triplos ou sinxelos.

As dúas posibilidades denomínanse: forma cis (ou forma Z), cos dous substituíntes máis voluminosos do mesmo lado, e forma trans (ou forma E), cos dous substituíntes máis voluminosos en posicións opostas. Estas dúas formas non se poden interconverter entre si dun xeito espontáneo, xa que o dobre enlace impide a rotación, aínda que si poden converterse ás veces, en reaccións catalizadas.

Isómeros do But-2-eno Ácido maleico (Cis) e ácido fumárico (trans) Formas trans (E) e cis (Z) do1,2-dibromoeteno. 200px 210px 190px A isomería xeométrica tamén se presenta en compostos con dobre enlace N=N, ou en compostos cíclicos nos que tamén se impide a rotación arredor dun eixe.

1,2-dimetilciclopentano(formas cis e trans) cis-1,2-diclorociclohexano trans-1,2-diclorociclohexano Formas cis e transdo difluorodiazeno 180px 120px 120px 180px

Isomería óptica ou enantiomería

400px|miniatura|Dous enantiómeros dun aminoácido xenérico. Cando un composto ten polo menos un átomo de carbono asimétrico ou quiral, é dicir, un átomo de carbono con catro substituíntes diferentes, poden formarse dúas variedades distintas chamadas estereoisómeros ópticos, enantiómeros, formas enantiomórficas ou formas quirais, aínda que todos os átomos están na mesma posición e enlazados de igual maneira. Isto coñécese como regra de Level e Van't Hoff.

Os isómeros ópticos non se poden superpoñer e un é como a imaxe especular do outro, como ocorre coas mans dereita e esquerda. Presentan as mesmas propiedades físicas e químicas pero diferéncianse en que desvían o plano da luz polarizada en diferente dirección: un isómero desvía a luz polarizada cara á dereita (no sentido das agullas do reloxo) e represéntase co signo (+): é o isómero dextroxiro ou forma dextro; o outro isómero óptico desvíaa cara á esquerda (no sentido contrario ás agullas do reloxo) e represéntase co signo (-) (isómero levoxiro ou forma levo).Química general; 8ª edición; Petrucci, Harwood e Herring; Prentice Hall; ISBN 0-13-014329-4