José Benito Abraira Feijóo, nado en Meira o 31 de xullo de 1904 e finado en Buenos Aires o 6 de setembro de 1987, foi un comerciante galeguista da Arxentina.

Traxectoria O seu pai era labrego e canteiro, a súa nai Carmen Feijóo finou en Meira en decembro de 1956.Opinión Gallega, 173, xaneiro-febreiro- 1957, p. 5. En 1922 marchou a Buenos Aires. Traballou no comercio e creou o seu propio establecemento, a xastrería Celta en 1934. Participou no Coro Ultreia, colaborou coa Federación de Sociedades Gallegas, escribiu en Céltiga, foi membro da Agrupación A Terra pro Centro Galego de Bos Aires, e integrou a súa Comisión Directiva. Foi secretario da Irmandade Galega de Bos Aires. Visitou Galicia no verán de 1950 e contactou cos galeguistas na clandestinidade. Foi vogal do Centro Gallego (1954-1956). En 1956 foi o secretario do Primeiro Congreso da Emigración Galega en América.

Nos últimos anos foi fundador da Asociación Civil Amigos do Idioma Galego de Bos Aires (ADIGAL). A Biblioteca desta Institución leva o seu nome. Tamén colaborou en Pátria Galega. En xuño do 1984 viaxou coa súa dona a Galicia para "denunciar" a inautenticidade que supuña a repatriación dos restos de Castelao.

Finou en Buenos Aires o 6 de setembro de 1987.La Voz de Galicia, Ourense, 16-9-1987, p. 24.

Vida persoal Casou en Buenos Aires con María Mercedes Cela o 14 de xuño de 1930,Céltiga, 25-6-1930, p. 16. e foi pai de Demetrio Luis, María del Carmen e Carlos Abraira Cela.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Biografía

Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Meira Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1987