O Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo é un auditorio e pazo de congresos de máis de 23.000 m², situado na Avenida de Beiramar do concello de Vigo, ao carón do porto e, polo tanto, da ría.
Proxecto esquerda|200px|miniatura|Dende a rúa Jacinto Benavente. Froito dun deseño encargado en 2001, sendo alcalde Lois Pérez Castrillo, ao arquitecto pontevedrés César Portela, foi construído nos terreos que anteriormente ocupaba a empresa pesqueira Casa Mar.O Auditorio Pazo de Congresos na páxina do Concello de Vigo. O orzamento inicial era de preto de 86 millón de euros, que chegarían a elevarse a máis de 154 millóns, para logo volver a recortarse a cifras próximas ás orixinais. Foi inaugurado no ano 2011 polo alcalde Abel Caballero e o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, cun concerto de Luz Casal no vestíbulo.
Descrición miniatura|170px|Dende a Avenida de Beiramar. Ten sete andares (maila planta baixa e o estacionamento subterráneo de 325 prazas). Dispón de auditorio, con capacidade para 1.421 persoas e un escenario de 800 m² (o máis grade de GaliciaVigo estrena un auditorio con vistas al mar, El País .), sete salas de diferentes capacidades, cafetería e un restaurante na terraza a 28 metros de altura20px Declaracións do arquitecto ao xornal El Mundo .. Conta cunha zona comercial e de oficinas, sen explotar, así como dun hotel de catro estrelas ó carón, o Hotel Carrís Beiramar con 121 habitacións, cafetería e restaurante propios, pechado no ano 2013Páxina do CH Beiramar en castelán, inglés e portugués e unha ligazón inoperativa á versión en galego. Consultada o 25/03/2012. Carrís é unha empresa fundada en 2006 con capital 100% galego que conta con seis hoteis en Galicia e un en Portugal. e aberto de novo en 2014.
Usos Durante o seu primeiro ano de funcionamento actuaron, entre outros, James Blunt, Wilco, David Bisbal, Mónica Naranjo, Enrique Bunbury, Les Luthiers, Moncho Borrajo e o Ballet do Teatro Nacional Ruso representando Schelkúnchik e mailo Lebedínoye óziero de Tchaikovski. Representáronse, así meso, as óperas Aida de Verdi e Madama Butterfly de Puccini. Tamén tivo lugar o XVIII Congreso Nacional e XII Internacional da Medicina Xeral e de Familia.El auditorio cumple su primer año con eventos de todos los géneros... Faro de Vigo .
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Teatro García Barbón Ligazóns externas Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo.
Categoría:César Portela Categoría:Pazos de congresos de Galicia Categoría:Teatros de Vigo Categoría:Teatros de ópera de Galicia Categoría:Auditorios de Galicia