O Tesouro do Cabezo Redondo é un achado áureo atopado na primavera de 1963 no Cabezo Redondo, poboado argárico situado a 2 km da cidade de Villena (Alacant). Está composto por 35 pezas de adorno persoal (un diadema, aneis, brazaletes, colgantes, contas de colar, espirais, cintas e un pequeno lingote de ouro) que alcanzan os 150 g de peso e pénsase que formaron parte dos materiais dun ourive, debido á presenza do lingote. Especulouse moito sobre a súa estreita relación co Tesouro de Villena.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tesouro

Ligazóns externas Museo Arqueolóxico José María Soler

Categoría:Tesouros Categoría:Arte prehistórica Categoría:Arqueoloxía Categoría:Prehistoria de España Categoría:Villena